HomesociedadeRibas de Sil desafía o despoboamento: concello do sur de Lugo que...

Ribas de Sil desafía o despoboamento: concello do sur de Lugo que gañou máis habitantes no 2021

Os datos do último padrón do INE sitúan a este concello como líder en subida de veciños/as o pasado ano dentro dos municipios que cubre este xornal. Xunto a Ribas de Sil está O Páramo como únicos concellos que gañaron poboación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado luns, 17 de xaneiro, publicábanse os datos do padrón respecto ao ano 2021 no INE –Instituto Nacional de Estatística– nos cales, como é habitual, evidénciase a baixada de poboación xeneralizada en todos os concellos da provincia de Lugo, e por ende nos do sur que cubre informativamente Xornal de Lemos.

Pero atopamos dúas excepcións, dentro deste territorio de comarcas –Sarria, Chantada, Lemos e Quiroga–. O Concello de Ribas de Sil, xunto co do Páramo son os únicos que gañaron habitantes o pasado 2021. No caso do Páramo subiu en 3 os empadroados, mentres que Ribas de Sil alcanzou os 15, todo un fito tal e como están as cousas nos concellos pequenos e rurais actualmente.

Se tomamos os datos a nivel provincial, o concello da Comarca de Quiroga, Ribas de Sil, queda no noveno lugar en canto a crecemento de poboación.

Comentamos e felicitamos ao tenente de alcalde do concello, Roberto Castro, quen amosa a súa satisfacción e desexa que esta subida se sosteña ou mellore para este ano. Sinala, ademais, que parte deste crecemento demográfico hai que situalo en dous núcleos rurais, Piñeira e Lousadela, lugares que pasaron de estar deshabitados a gañar poboación.

ÚLTIMAS

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...