HomesociedadeFrancos de Proendos en Sober, nova Aldea Modelo, e a zona sur...

Francos de Proendos en Sober, nova Aldea Modelo, e a zona sur suma 5

A Consellería do Medio Rural vén de declarar os núcleos de Francos de Proendos -no concello lucense de Sober-, Covelo -no municipio ourensán de Taboadela- e Carzoá -na localidade tamén ourensá de Cualedro- como novas aldeas modelo de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Acádanse así as 17 aldeas con estas características en Galicia, no marco da Lei de recuperación da terra agraria. Trátase de iniciativas promovidas pola Xunta e polos respectivos consistorios co obxectivo de recuperar as terras en estado de abandono ou infrautilización na contorna das aldeas, para así contribuír á súa posta en valor fixando poboación e mellorando a calidade de vida nesas zonas, ao tempo que se reforza a prevención dos lumes na proximidade das vivendas.

A aldea modelo de Francos de Proendos, en Sober, abranguerá unha superficie de 16,81 hectáreas deste núcleo de poboación, actuando en arredor de 119 parcelas de 70 propietarios.

A partir de agora, realizaranse traballos de limpeza e recuperación en todas as parcelas incluídas no perímetro destas aldeas para poñelas a producir mediante a actuación da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural en colaboración cos agricultores, gandeiros ou silvicultores interesados no seu aproveitamento. Deste xeito, o conxunto dos terreos recuperados funcionarán ademais como devasa natural fronte ao lume, xa que serán os cultivos os que actúen como método de protección, sen necesidade de rozar e limpar de forma periódica.

Todos os terreos recuperados serán incorporados ao Banco de Terras de Galicia, de maneira que as persoas titulares reciban unha compensación económica anual. Isto é, estas aldeas modelo suporán a obtención dun rendemento económico directo ou indirecto tanto para as persoas propietarias dos terreos –que conservarán sempre a titularidade das parcelas ao tempo que reciben un pago por arrendamento– como para os interesados na súa posta en produción.

Na zona sur da provincia son aldelas modelo, Trascastro (O Incio), Parada dos Montes (A Pobra do Brollón), Moreda (Folgoso do Courel) e Bustelo de Fisteus (Quiroga).

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...