HomesociedadeXornada de erradicación de mimosas, o 5 de febreiro no Courel

Xornada de erradicación de mimosas, o 5 de febreiro no Courel

C@urel Vivo organiza o día 5 de febreiro unha xornada eliminación de Mimosas (Acacia dealbata) aberta para todo aquel que desexe participar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembran os promotores da actividade que a introdución de especies exóticas invasoras é unha das ameazas máis importante na perda de biodiversidade do Courel e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas. “No Courel xa hai matas de Mimosas que se non se paran a tempo colonizaran ladeiras enteiras,” insisten.

C@urel Vivo levaba o tema a pleno en abril do 2018, a proposta non contou co apoio do equipo de goberno e na última asemblea celebrada por C@urel Vivo acordaron facer xornadas de erradicación de mimosas para os propietarios que estean de acordo. “Polo que imos actuar nunha primeira mata e seguir as indicacións que nos marca a Xunta no permiso que concederon desde ese organismo para erradicalas. A xornada conta co permiso dos donos e tamén da Xunta, e está aberta a quen desexen colaborar en que non se estenda máis esta praga,” sinalan.

A primeira cita será o 5 de febreiro as 9.30. É necesario inscribirse, para poder participar, en https://forms.gle/cnG3GNv1XP7o7mYP8.  Neste enlace tamén atoparán máis información. Segundo a aceptación que teña a iniciativa, C@urel Vivo analizaría celebra outras xornadas noutras zonas do Courel nas que os propietarios estean tamén de acordo.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...