HomesociedadeO concello de Pantón saca a concurso o arrendamento do “Mesón Os...

O concello de Pantón saca a concurso o arrendamento do “Mesón Os Castros”

O concello de Pantón saca a concurso o arrendamento do “Mesón Os Castros” para uso de bar-cafetería-restaurante. O mesón sitúase no Campo da Feira en Ferreira de Pantón. Conta cunha superficie total de 225 m² construción + 60 m² porche + 180 m² terraza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Establécese un canon de arrendamento ou renda mínima mensual de 391,76 €/mes, IVE 82,27 €/mes (IVE incluído). Total: 474,03 €/mes IVE incluído. A duración do contrato é de 5 anos prorrogables por un período de ata 5 anos máis.

Para a adxudicación do contrato seguiranse os seguintes criterios:

Avaliables automáticamente

  • Experiencia profesional no sector, ata un máximo de 40 puntos.
  • Maior prezo ofertado a favor do concello, ata 30 puntos.

Avaliación que depende dun xuizo de valor

  • Proxecto de explotación, ata un máximo de 30 puntos.

As ofertas  presentaranse no prazo de 15 días naturais a contar desde o día seguinte (24/01/2022) á publicación no perfil do contratante Concello de Pantón na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia do anuncio de licitación. Se o último día do prazo fora inhábil, o prazo para a recepción de ofertas entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.  As proposicións deberán ser presentadas en sobre pechado no Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Pantón, sito en Praza do Concello, s/n, 27430-Pantón; en horario de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres. A documentación poderase enviar por correo segundo o disposto no artigo 80.4 do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...