Homesociedade"A Voz do País", a prensa en Monforte a comezos do século...

“A Voz do País”, a prensa en Monforte a comezos do século XX protagonista no IES A Pinguela

Sabrina Pérez, estudiante de 3º de Periodismo e antiga alumna do IES A Pinguela vén de impartir unha conferencia ó alumnado de 2º de Bacharelato sobre "'A Voz do País'. Un xornal monfortino do século XX".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade estaba organizada polo departamento de Lingua Galega para reforzar os coñecementos sobre o movemento rexionalista de finais do XIX e comezos do pasado século, as súas inquedanzas e medios de comunicación, materia forte das ABAU desa materia.

Sabrina Pérez aportou datos sobre as Irmandades da Fala e a súa relación con Monforte, unha vila cunha influencia importante tamén nos primeiros movementos agrarios e cun pulo importante causado pola chegada do ferrocarril.

Foi unha “moi interesante conferencia dunha querida amiga á que todos no IES A Pinguela recordamos con afecto,” sinalan desde o centro.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...