HomesociedadeO comercio de Sarria celebra o amor

O comercio de Sarria celebra o amor

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU desenvolve desde este martes, día 1 de febreiro, ata o día dos namorados, a campaña promocional "Celebremos o Amor".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Todos os clientes dos establecementos asociados da vila de Sarria que realicen algunha compra no período da promoción, poderán gañar unha cea romántica para dúas persoas. Sorteanse catro ceas para dúas persoas en establecementos de hostalaría asociados (Cafetería El Parisien, Hotel Alfonso IX, Restaurante O´Descanso e Restaurante Roma).  

As persoas gañadoras das ceas sorteadas terán un amplo prazo para escoller o día no que gozar do premio, debido as condicións especiais que existen actualmente pola crise sanitaria con motivo da Covid. O sorteo, no cal se farán públicos os nomes das persoas premiadas, será o mercores, 17 de febreiro, ás 18:00 horas. 

“Celebremos o Amor” é unha campaña coa que se quere chegar aos corazóns dos clientes do Centro Comercial Urbano de Sarria, para que continúen amosando o seu apoio aos negocios da vila, realizando as súas compras de San Valentín no CCU de Sarria (agasallos, ceas, …).

ÚLTIMAS

Condenadas a dous anos de cárcere a exconcelleira de Láncara Begoña López e o seu pai por estafa e falsidade

A Audiencia Provincial de Lugo condenou á exconcelleira socialista de Láncara Begoña López e...

Pedaleando por Palestina de Seoane do Courel a Ferreirós de Abaixo

A xornada comezou ás doce e media da mañá en Seoane do Courel, onde...

163 deportistas participaron en Pantón nos Xogos Autonómicos Special Olympics Galicia

O pasado sábado 16 de maio o campo municipal de O Baliño en Ferreira...

O 23 de maio, XI Festival do Paradiso co retorno dos poetas afogados

Náufragos do Paradiso, anunciaba en agosto do 2023 na súa sede da Rúa Roberto...