HomesociedadePreséntase no Pazo de San Marcos un libro sobre as árbores senlleiras...

Preséntase no Pazo de San Marcos un libro sobre as árbores senlleiras dos Ancares e O Courel

O Pazo de San Marcos acolle este luns, 14 de febreiro, a presentación do libro Árbores e formacións senlleiras da contorna dos Ancares e do Courel elaborado por José Gaspar Bernández, doutor en Investigación Agraria e Forestal, e Antonio Rigueiro, catedrático da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC), e co que colaborou a Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto de presentación será ás 19:30 horas no Salón de Actos e será aberto ao público, podendo asistir de balde todas aquelas persoas que estean interesadas en coñecer de primeira man esta nova publicación.

Esta obra inclúese nas Monografías do IBADER (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural), no marco da serie Cadernos da Estación Científica do Courel que edita a Universidade de Santiago de Compostela. Céntrase no estudo das árbores e formacións senlleiras das serras dos Ancares e do Courel e da súa contorna, un patrimonio natural que se debe conservar e tamén por en valor, pois constitúe un atractivo turístico máis desta comarca que é xenerosa en valores naturais. Despois de analizar o que se entende por “árbore” ou “formación senlleira”, a publicación aborda o papel dos monumentos vexetais destas serras e da súa contorna ao longo da historia da catalogación dos mesmos en Galicia.

Así mesmo, ofrécese información detallada das 12 árbores/formacións incluídas na actualidade no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, dúas das cales foron recentemente descatalogadas, e tamén doutras 8 que se consideran merecentes de formar parte do catálogo, 3 das cales xa foron propostas. No último apartado inclúense 16 exemplares non documentados ata o momento, como sinal inequívoca de que cun traballo de campo máis exhaustivo novas árbores e formacións senlleiras serían atopadas nestas serras.

ÚLTIMAS

Quiroga destina 22.600€ a “Un Soño de Nadal”

Esta decoración con puntos estratéxicos nos que se concentrará a maior parte da decoración:...

A Piscina Municipal Climatizada de Chantada faise máis accesible

Despois de renovar antes do verán o sistema de ventilación das salas de ximnasia,...

O equipo da Fundación Breogán, con integrantes da Asociación PRODEME de Monforte de Lemos, recibiu as súas novas equipacións

A Fundación Breogán celebrou un acto de entrega de equipacións deportivas ao seu equipo...

“Explorando perdas” con Paula Santos este 28 de outubro no Faladoiro de Quiroga

A cita este mércores na Biblioteca do Centro Social de Quiroga. Coa axuda de...