Iniciosociedade111.000 m2 máis para o Polígono de Monforte a través da Deputación

111.000 m2 máis para o Polígono de Monforte a través da Deputación

O Concello monfortino solicita á Deputación de Lugo a cesión en propiedade das parcelas que o ente provincial posúe no Polígono do Reboredo, co obxectivo de dar resposta ás necesidades de solo industrial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Á entrada do Polígono, na súa marxe esquerda, a Deputación de Lugo conta cunha superficie aproximada de 111.000,00 m2, adquiridos pola Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. (SUPLUSA), en cumprimento do Acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial , de data de 29 de abril de 2011, que se distribúen en 15 parcelas.

A estas 15 parcelas hai que engadir 3-4 parcelas privadas e unha que é propiedade do Concello, sen esquecer as 3 que ten dispoñibles Suelo Empresarial del Atlántico, así como as parcelas que resultarán logo do proceso de revocación anunciado polo Alcalde a pasada semana, e que superan os 14.000 m2 (incluíndo aquí as 11 parcelas revocadas e dúas de titularidade municipal.)

A decisión de solicitarlle á Deputación Provincial estas parcelas da súa titularidade foi acordada por unanimidade na Xunta de Goberno Local de Monforte, celebrada o pasado luns 7 de febreiro.

“Esta petición, que xa procedemos a cursar dende a Secretaría deste Concello, suporá que poidamos acometer a ampliación do Polígono Industrial do Reboredo, sendo as novas parcelas industriais propiedade do Concello cando rematen os trámites administrativos” subliñou o rexedor monfortino. A solicitude cursada dende o Concello solicita ó ente provincial a cesión en propiedade de ditas parcelas, co obxectivo de destinalas a usos industriais.

Despois da aprobación da Deputación, o concello terá que aprobar o Plan Parcial e recalificar os terreos, para convertelos de rústicos (que é como figuran actualmente) a de uso industrial, o Concello licitará a súa venta ós empresarios interesados en adquirilos, a través dun concurso público. “Neste concurso público”, sinalou o Alcalde, “incluiremos a condición de que os proxectos para os que se soliciten eses terreos terán que levarse a cabo nun tempo prudencial, que concretaremos no seu momento”.

José Tomé destacou que, o máis importante deste proceso é que “unha vez finalizada a recalificación destas parcelas, xa non será necesario levar a cabo obras de urbanización, porque todos os terreos lindan con vías públicas, dotadas de servizos que son titularidade da Deputación e do Concello”.

“Este Parque Empresarial do Reboredo está sendo e vai ser moito máis aínda, o motor da dinamización económica do noso Concello e constitúese nun escenario esencial para a creación de emprego”, subliñou José Tomé.

“Non me canso de dicir”, continuou o Alcalde, “que o Polígono Industrial do Reboredo goza hoxe de moi boa saúde, froito dunha boa promoción que viñemos facendo nos últimos anos, e co que lles acabamos de comentar, estamos ollando cara o futuro, estamos construíndo o futuro de Monforte, da nosa comarca, dos nosos sectores produtivos, en definitiva, o futuro dos veciños e veciñas de Monforte . “Monforte volve a entrar nunha etapa de crecemento: crecemento industrial, crecemento económico, crecemento do emprego, e polo tanto, un crecemento socioeconómico no seu conxunto. Un crecemento que se da no presente e polo que seguimos traballando para garantizalo no futuro. Solo así, poñendo sempre por diante o interese público, é como se pode avanzar para gañar o futuro, e Monforte vai ben”, concluíu o rexedor municipal

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...