HomesociedadeImpacto económico de "O Gran Camiño" na hostalería de Sarria

Impacto económico de “O Gran Camiño” na hostalería de Sarria

O deputado de Deportes, Efrén Castro, mantivo este luns un encontro con representantes da hostalería de Sarria para dar conta da repercusión económica estimada da volta ciclista profesional O Gran Camiño, que chegará o vindeiro 27 de febreiro á vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Gran Camiño mobilizará máis de 700 persoas entre deportistas, técnicos, árbitros, persoal federativo e persoal da organización, o que se traducirá en pernoctacións e demanda de servizos de restauración, ademais doutros gastos relacionados coa loxística coma os carburantes.

Ademais das persoas directamente vinculadas ao desenvolvemento da competición, dacordo cos datos doutras probas ciclistas deste nivel competitivo, a etapa podería traer ata Sarria arredor de 5.000 afeccionados e afeccionadas.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, valorou “a actividade que xenerará a presencia na vila de centos de persoas, que demandarán hostalería e restauración, fóra da tempada alta” e incidiu “na contribución deste evento e do deporte vinculado á natureza como un elemento de desestacionalización do turismo, unha materia pendente para o sector”.

A retransmisión a través de Eurosport e de plataformas e canles asociadas noutros continentes (Eurosport Asia, Jsports en Xapón, Sky en Nova Zelanda, Fox Sports en países de África ou Claro Sport en países de América do Sur) permitirá que as imaxes de Sarria e dos recursos patrimoniais, culturais e naturais cheguen a audiencia de 180 países, un impacto valorado en 1.4 millóns de euros. A proba tamén será retransmitida tamén por TVG, Canal Sur, ETB e TV3.

Sarria acollerá a cuarta e última etapa do Gran Camiño, unha contrarreloxo de 15,9 quilómetros que trascorrerá integramente polo concello, cuns primeiros quilómetros por estradas secundarias, coindicindo durante algúns tramos co Camiño de Santiago, e final no casco antigo da vila, na Rúa do Castelo.

ÚLTIMAS

Inscricións abertas para participar na III San Silvestre que se correrá en Chantada o 26 de decembro

As inscricións están abertas a través da web www.ccnorte.com, ata as 23:59h. do día...

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde...

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...