HomesociedadePreséntanse en Ribas de Sil as axudas do Goberno para o acceso...

Preséntanse en Ribas de Sil as axudas do Goberno para o acceso á vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, reuniuse en Ribas de Sil cos alcaldes de Ribas de Sil, Pantón, Sober, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Bóveda e O Saviñao e co concelleiro de Xuventude de Quiroga. A subdelegada informou da nova liña de axudas creada polo Goberno para fomentar o acceso á vivenda a mozos e mozas nos concellos que teñen unha poboación inferior a 10.000 habitantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Isabel Rodríguez explicoulles que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana creou este programa de subvencións co dobre obxectivo de facilitar o acceso á vivenda da xente nova ao tempo que trata de axudar a atraer poboación aos concellos con menos habitantes.

Rodríguez anunciou que o Goberno concederá unha axuda de ata 10.800 euros para aqueles mozos e mozas que decidan adquirir unha vivenda para uso habitual en municipios de menos de 10.000 habitantes. Esta subvención tamén se estende á mocidade que opte polo alugueiro no lugar de comprar vivenda. Os beneficiarios e beneficiarias serán aquelas persoas que no momento de solicitar a axuda teñan 35 anos ou menos. No caso dos concellos de Lemos e Quiroga, agás Monforte de Lemos que supera os 10.000 habitantes, son arredor de 2.000 mozos maiores de 18 anos e menores de 35 os que se poden acoller a este novo programa de axudas.

A subdelegada destacou que este programa “facilitará que a mocidade opte polas vilas e os pequenos municipios á hora de iniciar o seu proxecto de vida” e destacou o impacto que pode ter esta medida na nosa provincia na que “61 dos 67 concellos entran dentro desta categoría de poboación”.

Isabel Rodríguez incidiu en que o obxectivo que se fixa o Goberno con estas novas axudas é axudar a asentar poboación nova nos pequenos concellos para frear o seu declive.

O Programa de axuda ás persoas mozas para contribuir ao reto demográfico é un dos trece programas que forman parte do novo Plan estatal de Acceso á Vivenda 2022-2025, aprobado polo Goberno. O obxectivo deste programa é atraer xente moza aos concellos máis pequenos, facilitando o asentamento de poboación nestes territorios. Contémplanse dúas axudas:

– Unha axuda á compra de vivenda, de ata 10.800 euros ou ata o 20% do total de prezo da vivenda. O prezo da vivenda non deberá ser superior a 120.000 euros.

-Unha axuda ao alugueiro por cinco anos. Será una axuda mensual que cubrirá ata o 60% da renda mensual, ata un máximo de 360 euros. Esta axuda será compatible co bono de alugueiro xove de forma que pode cubrir ata o 75% do custe do alugueiro.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...