Homesociedade"Activistas polo mundo queremos" o 8 de marzo no IES A Pinguela...

“Activistas polo mundo queremos” o 8 de marzo no IES A Pinguela de Monforte

Os mozos e mozas deste centro de ensino e do IES Fonminá da Pastoriza participan este ano no proxecto de educación en valores "Activistas polo mundo queremos". Gravarán programas de radio dende as aulas para loitar contra o machismo, os abusos ambientais ou o discurso de odio contra a migración e o colectivo LGTBIQ+.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En obradoiros anteriores os mozos e mozas aprenderon o que significa ser unha persoa activista tanto na Galiza coma noutras partes do mundo. Tamén reflexionaron sobre como as ferramentas comunicativas como a radio, pódenlles axudar no seu compromiso social.

Nestas semanas os mozos e mozas, como se fosen auténticos xornalistas, tras investigar e facer os guións das súas reportaxes, locutarán e gravarán en “falso directo” os seus propios programas de radio de denuncia e transformación social.

Este proxecto de educación para a cidadanía chega á 9 edición e é posible grazas a unión de tres ONGDs, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e ao  financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE. Forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

HORARIOS DA  GRAVACIÓN DO PROGRAMA RADIAL:

Martes 8 de marzo: IES A Pinguela (Monforte de Lemos, Lugo)

·       9:35h – 11:15h: 1º e 2º ciclo xestión

·       15:35h -17:15h: 1º e 2º ESO

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...