HomesociedadeCelebración en imaxes do 'Xoves de comadres' en Monforte, Pantón e Sober

Celebración en imaxes do ‘Xoves de comadres’ en Monforte, Pantón e Sober

Pequena reseña do acontecido nestes concellos do sur de Lugo que participaron na celebración desta data entroideira. Imaxes de moitas das elaboracións e premios concedidos polo Concello de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Varios concellos do sur de Lugo decidiron non faltar á tradición e participaron activamente na elaboración de comadres este xoves 24 de febreiro. No caso de Monforte de Lemos, e co impulso do concello, a Praza de España foi o centro neurálxico da celebración, lugar onde se concentraron todos os participantes do certame.

Houbo comadres moi vistosas e a concelleira de cultura, Marina Doutón, trasladou ao público e participantes os nomes dos traballos premiados que foron os seguintes segundo a categoría na que participaban:

Etnografía – Quedou deserto.

Crítica social Unha mirada á violencia de xénero no tempo, Asociación A Pinguela, 125 €. 

Barrios colectivo

Accésit.-  As mulleres de AFAMON collemos o AVE e marchamos de excursión, AFAMON, 50 €

Accésit.-  Tanxugueiras de Moreda, Moreda, 50 €

Accésit –   Tanxugueiras, Centro do Viño, 50 €

2º –   Cobas Fest, Asoc. Vec. Barrio de Cobas, 95 €

2º-    El juego del calamar, Asociación Prodeme, 95 €

1º –   Tanxugueiras, Josefina Rodríguez López, 120 €

1º –   Chantxugueiras, Asociación Agora Centro de Día , 120 €

Tanxugueiras do Centro do Viño / XdL
Tanxugueiras Josefina Rodríguez / XdL

Barrios individual (Ata 3 comadres)

Accésit –   Peregrina de Inverno, Oficina de Atención ó Peregrino, 25 €

2º –   Alexa precisa vacacións, Asociación Agora, 50 €

2º –   A arqueoloxía visita Cinsa, Baamorto, 50 €

1º –   El virus de la discordia, Fundación Galicia O. Social, 75 €

Prazas de España individual

–  Sofía a miña mellor amiga, Antón López González, 75 €.

Comadre “Sofía a miña mellor amiga” / XdL

Centros ensino colectivo (Máis de 3 comadres)

–  As mochilas das emocións, Colexio Ferroviario, 120 €.

As mochilas das emocións / XdL
Tres alumnos do Ferroviario coas súas comadres e diferentes emocións. Foto: M.M.

Centros ensino individual

Accésit- Dighan o que dighan, CEIP A Gándara, 25 €

Comadre CEIP A Gándara / XdL

–   A luz vai polas nubes, CEIP Plurilingüe Monforte-Colexio Novo , 50 €

“A luz vai polas nubes” / XdL

–   Comadre Torre de Lemos, Fundación Torre de Lemos, 50 €

Comadre do colexio Torre de Lemos / XdL

–   A meiga dos desexos, ANPA Colexio Escolapios , 75 €

Comadre “A meiga dos desexos” / XdL

A asociación Albores tamén participou dedicándolle a súa elaboración ás mulleres que están na corporación municipal e facendo unha chiscadela ao prezo da luz e a calefacción.

Comadre da Asoc. Albores / XdL
Marina Doutón e un empregado municipal proceden a queimar as comadres 2022 / XdL

Non moi lonxe de aquí, no Concello de Pantón, tamén se animaron a participar no Xoves de Comadres, tanto na praza do concello como nas parroquias: Cangas –Asoc. Cabalo Branco–, San Román de Paderne ou Toldaos –Asoc. Veciñal As Candelas–.

Comadre na Praza do Concello. Foto: Prensa Pantón
Asoc. Cabalo Branco de Cangas. Cedida.
Comadres da A.V. As Candelas / Foto veciñ@s.

E xa para rematar este breve repaso do Xoves de Comadres achegámonos ao Concello de Sober onde lle dedican este día á crise do PP en Madrid. Arde Génova!, así bautizan a súa posta en escena para esta data poñendo o foco na actualidade. “O Concello de Sober manda a súa brigada de extinción para mirar de apagar o incendio”, din.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...