HomesociedadeFolgoso do Courel pide a colaboración veciñal para homenaxear ás súas mulleres

Folgoso do Courel pide a colaboración veciñal para homenaxear ás súas mulleres

O concello de Folgoso do Courel lanza unha iniciativa con motivo do Día da Muller, 8 de marzo, coa que homenaxear ás súas veciñas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o concello convidan a quen queira participar, a enviar por correo electrónico unha fotografía cunha breve explicación de por que esas mulleres son as súas referentes. “Nais, avoas, fillas, estudantes, traballadoras, emprendedoras, todas as mulleres do Courel serán homenaxeadas coa vosa axuda,” insisten.

O pasado ano o Concello fixo unha exposición sobre mulleres galegas na Historia, ás que este ano engadirán a todas esas mulleres do Courel que tamén forman parte da historia do municipio.

Quen queira participar ten que mandar unha fotografía e un breve texto da muller que elixa ao correo servizossociais@folgosodocourel.com. As fotografías deben de enviarse antes do 8 de marzo para que formen perte da mostra que se exhibe no Concello de Folgoso do Courel. As que cheguen despois desa data iranse incorporando. A iniciativa permanecerá aberta todo o mes de marzo.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...