HomesociedadeSober na campaña "Come Local"

Sober na campaña “Come Local”

No presente curso, levaranse a cabo numerosas degustacións de produtos provistos de denominación de orixe, indicación xeográfica protexida ou produtos ecolóxicos, ademais de impartirse charlas formativas para que os máis cativos coñezan a importancia de consumir produtos locais e como poden identificalos de xeito sinxelo grazas ás distintas etiquetas dos selos de calidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), promove por terceiro ano consecutivo a campaña “Come Local” nos comedores escolares, co fin de impulsar o consumo dos produtos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade nestes espazos educativos.

O Concello de Sober súmase por vez primeira a esta campaña a través do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, o único da Comarca que formará parte desta iniciativa. Ata o vindeiro 21 de xuño de 2022, impartirase formación e asesoramento aos responsables dos comedores adheridos a este programa.

Haberá degustacións de menús especiais e desenvolveranse actividades formativas tanto sobre as características nutricionais dos propios produtos, como o impacto que supón o consumo de produtos certificados na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...