HomesociedadeChantada contra o peche de ESO e BAC no IES Val do...

Chantada contra o peche de ESO e BAC no IES Val do Asma

As directivas da ANPA do CEIP Xoán de Requeixo, de Chantada; da ANPA do CEIP Eloísa Rivadulla, de Chantada; e Otilia González, representante das familias no IES Val do Asma, celebraron unha reunión na que abordaron o anuncio da Consellería de Educación de pechar as ensinanzas obrigatorias da ESO e postobrigatorias de BAC no IES Val do Asma de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este colectivo asegura que as familias de Chantada e Carballedo están en contra da eliminación da oferta educativa de ESO e BAC no IES Val do Asma. “A Consellería de Educación actúa con maldade contra as familias dos concellos de Chantada e Carballedo. A Consellería de Educación non se dirixiu nunca ás familias, nin a través das ANPAs dos diferentes centros educativos nin a través das persoas representantes das familias no Consello Escolar do IES Val do Asma para explicar ou abordar este asunto”, sinalan.

Condenan o que califican de dano arbitrario que os responsables da administración educativa están producindo no actual alumnado de ESO e BAC do IES Val de Asma, e por tanto o sufrimentodas súas respectivas familias. “As bágoas que durante estes días derramaron boa parte do alumnado do IES Val do Asma merece a noso máis firmecompromiso na defensa dos seus dereitos. Son mozos e mozas entre 12 e 18 anos que teñen no IES Val do Asma unha familia que desexan manter,” insisten.

Lembran que o IES Val do Asma ofrece unha formación técnica e humana que é recoñecida pola comunidade educativa nos concellos de Chantada e Carballedo e consideran que pechalo sería un drama para estes concellos.

Denuncian que a Consellería de Educación pretenda trasladar ao alumnado da ESO e BAC do IES Val do Asma, un centro educativo que califican de accesible, ao IES Lama das Quendas, “que incumpre a normativa en materia de accesibilidade e eliminación de barreiras da propia Xunta de Galicia.”

Lembran que o alumnado do IES Val do Asma procedente do concello de Carballedo e de diferentes parroquias de Chantada ten servizo de comedor neste centro e que o seu traslado ao IES Lama das Quedas deixaría a estes nenos e nenas sen o servizo de comedor. E insisten en que o IES Val do Asma ten oferta educativa de Formación Profesional, o que é un valor engadido para un Instituto de Ensino Secundario. “Consideramos que a existencia de ciclos formativos, tanto de grado medio como superior, é algo moi valioso para o funcionamento dun IES.”

Anuncian que estas demandas serán presentada ante José Luís Mira Lema, Secretario Xeral de Educación e Formación Profesional; Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade; e Julio Yebra-Pimental e Manuel Lorenzo Varela, alcaldes de Carballedo e Chantada, respectivamente

ÚLTIMAS

A ‘Feira do Viño de Amandi’ xa está aquí

O colofón a un completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...