HomesociedadeQuiroga profesionaliza a súa Feira do Viño e invita a outras D.O.

Quiroga profesionaliza a súa Feira do Viño e invita a outras D.O.

Cada ano acudirá ademais das adegas participantes, unha adega doutra Denominación de Orixe (galega ou española) en calidade de invitada. Neste primeiro ano decidiuse que a adega invitada sexa Son do Arrieiro, premio “Vida entre Vides” 2021, da Denominación de Orixe Ribeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Séguense dando pasos na organización da XL Feira do Viño de Quiroga, que se celebrará o  16 e 17 de abril e na que por primeira vez acudirán os adegueiros profesionais. Esta edición pecha unha etapa e abre outra, “Unha nova etapa cunha proxección máis aberta e ampla dos viños que saen das uvas dos nosos viñedos e das que cada adega fai un produto exclusivo, pero tamén dando a oportunidade de ver outros viños de fora da Denominación de Orixe Ribeira Sacra coa invitación cada ano a unha adega doutra denominación.”

Por primeira vez acudirán á feira adegueiros profesionais. Esta decisión foi tomada xa no ano 2019 pero a pandemia sanitaria, que impediu que se levara a cabo esta festa, fixo que aínda non se puidese materializar.

Este ano a comisión organizadora púxose en contacto con todas as adegas da subzona Quiroga – Bibei que forma parte da Denominación Ribeira Sacra e tamén con aquelas adegas que sin estar nesta subzona pero si dentro da D.O. Ribeira Sacra posúen viñedos ou mercan uva en Quiroga.

       

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...