HomesociedadeOs Gin Toni's avisan: "esta finde estamos por Valdeorras"

Os Gin Toni’s avisan: “esta finde estamos por Valdeorras”

A banda de versións dos 80-90 nacida en Escairón, na Ribeira Sacra, realizará unha parada na Rúa este sábado 12 de marzo dentro da súa xira 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os Gin Toni’s preparan un novo concerto, neste caso por terras valdeorresas. Será o vindeiro sábado 12 de marzo no local Bravo Lux, un dos poucos que segue apostando na zona pola programación de música en directo.

A entrada será a un prezo de 5 € con consumición de refresco ou cervexa e permitirase o acceso ata completar aforo. O comezo da actuación está programado para a 00:30 h., na madrugada do sábado ao domingo.

Gin Toni’ s é unha Banda divertida, apaixonada e elegante que cada noite consegue unha incrible conexión co público dos seus concertos. Unha vez máis viaxarán polas versións dos mellores temas do Pop Rock español, desde os 80 ata a actualidade: Seguridad Social, Rebeldes, Revolver, El Último de la Fila, Fito y Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Los Rodríguez, Barricada, M-Clan, Los Refrescos, Los Secretos, La Unión, Joaquín Sabina, Siniestro Total … Cun directo fresco, un repertorio repleto de conocidísimas cancións e unha elegante posta en escena, transportarannos ás Décadas Douradas da música Española e poñeranlle unha cor diferente a esta noite de sábado, a piques de saír do inverno e con ganas tolas de pasalo en grande cun dos mellores tributos ao Pop Rock de Galicia.

E DESPOIS DO CONCERTO…

Para dar continuidade á gran noite, ao acabar o concerto un DJ pinchará o mellor tecno para aqueles e aquelas que sigan con ganas de festa. Dani Arguello ( DJ Simago), de Economato DJs, será o artista invitado para a ocasión.

ÚLTIMAS

“Aquietar a mente”, novo Faladoiro en Quiroga este 30 de abril

María Teresa Taboada, “Tere para @s amig@s”, é de familia quiroguesa por parte de...

A Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón preséntase como unha experiencia

As actividades da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón déronse a coñecer...

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

Despois dunha “longa noite de pedra” Galicia recupera a electricidade no 85% do territorio

A Xunta decretou na noite do luns a Emerxencia 3 o que implica que...