HomesociedadeTorre da Homenaxe en granate polo Día Mundial do Ril

Torre da Homenaxe en granate polo Día Mundial do Ril

O Concello de Monforte súmase este xoves, 10 de marzo, ó Día Mundial do Ril, e para elo a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase de cor granate. O 10% da poboación mundial sofre dalgunha enfermidade renal crónica, pero non adoitan darse conta ata que o problema xa se atopa bastante avanzado e os únicos camiños que lles quedan por transitar é a diálise ou un trasplante de ril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o ano 2006 vénse celebrando o Día Mundial do Ril, unha efeméride instaurada pola Sociedade Internacional de Nefroloxía (ISN) e a Federación Internacional de Fundacións Renais (IFKF), ás que se suman outro conxunto de organizacións da saúde e especialistas no área de diálise e outros tratamentos para os riles.

Sinala o alcalde, José Tomé Roca, o noso obxectivo ó sumarnos a esta iniciativa é “xerar conciencia entre todos os monfortinos e monfortinas que poidan detectar calquera padecemento nos riles de forma precoz, xa que os riles son o gran filtro do corpo que axuda a desbotar todas as toxinas que producimos ou inxerimos, por medio da ouriña. Se este filtro non funciona ou se obstrúe, pode levar a unha intoxicación que en certos niveis pode chegar a ser letal”.

Ter uns riles enfermos tamén aumenta as posibilidades de sufrir infartos de miocardio e accidentes cerebro vasculares, dado que o sangue permanecerá sucia, ben sexa por exceso de colesterol, é dicir graxa, ou calquera outro tipo de sedimentos que non foron drenados por medio da ouriña. Detectar calquera mal funcionamento nos riles é moi sinxelo, porque só basta con facer unha simple análise de sangue e de ouriña.

#DíaMundialdelRiñón #WorldKidneyDay #DMR22

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...