HomePolítica“MULLER: Igualdade e emprego”, en Quiroga o día 12 ás 20.00h

“MULLER: Igualdade e emprego”, en Quiroga o día 12 ás 20.00h

BNG de Quiroga súmase á celebración do 8M cun acto público baixo o título “MULLER: Igualdade e emprego”. Será este sábado, 12 de marzo, ás 20:00 h. no Salón da Casa da Cultura de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Quiroga organiza este sábado, 12 de marzo, unha actividade divulgativa e reivindicativa do papel da muller na sociedade, e concretamente no ámbito laboral, baixo o título de “Muller: Igualdade e emprego”. Será no salón de actos da Casa da Cultura de Quiroga ás 20:00 h. (Para acceder á sala cómpre levar máscara).

A sesión estruturarase en tres bloques temáticos con catro intervencións de mulleres destacadas polos seus coñecementos no mundo laboral e polo seu activismo feminista no sur de Lugo.

O primeiro tema a abordar nestas charlas será “As mulleres no mundo laboral, unha visión xeral e actualizada”. Desenvolverán o mesmo con dúas charlas Olalla García Mariño, Máster en igualdade e xénero no ámbito público e privado”, e María José González Rodríguez, avogada. Olalla desenvolverá o tema dende un punto de vista máis estrutural e social e María José centrarase no aspecto xurídico, regulación normativa, etc.

Baixo o título “O traballo non remunerado no fogar”, intervirá Laura Isabel Quiroga Jorge, vicepresidenta da asociación feminista Femforte, quen achegará aspectos de reflexión importantes sobre este tema.

Para rematar a quenda de intervencións, Lara Martínez Álvarez, secretaria de Femforte, expoñerá o tema “É posible considerar a prostitución como un traballo?”

A continuación destas charlas abrirase un coloquio coa posibilidade de que o público poda achegar opinións e/ou facer as preguntas que considere oportunas en relación aos temas abordados na sesión.

Con esta actividade, o BNG de Quiroga quere amosar o seu empeño por avanzar en temas de igualdade, poñer en valor o traballo ás veces ‘invisibilizado’ da muller, e seguir loitando por unha igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. Seguindo un lema feminista do BNG para este 8M, “Queremos todos os dereitos e querémolos xa!”

ÚLTIMAS

Completo programa teatral para este outono en Ribas de Sil

A Concellería de Cultura do Concello de Ribas de Sil ofrecerá de outubro a...

Compromiso da Xunta para recuperar patrimonio cultural da Ribeira Sacra

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª da Carmen Martínez, referendou o compromiso da...

Só a comarca de Chantada reduce o paro no mes de setembro

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora positivamente os datos do paro...

O BNG denuncia incumprimentos cos viticultores da Ribeira Sacra

O BNG considera necesario que nesta vendima de 2024 as axudas cheguen directamente ás...