HomesociedadeFeira de Oportunidades de Inverno do CCU de Monforte

Feira de Oportunidades de Inverno do CCU de Monforte

Volven as oportunidades do Centro Comercial Urbano de Monforte! Despois de dous anos de parón por culpa da pandemia da Covid, o CCU de Monforte organiza, na fin de semana do 19 e 20 de marzo, unha nova Feira de Oportunidades de Inverno na Praza de Abastos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita que marca o final do inverno para o comercio monfortino xa está en marcha, e contará con importantes descontos, de ata o 70%. Esta Feira de Oportunidades desenvolverase na Praza de Abastos de Monforte na fin de semana do 19 e 20 de marzo.

As 17 tendas asociadas que participan nesta ocasión son Mercería Carmen, Mimos, Cactus Rose, Peques, Carpe Diem, Trivoli, Kukin, Colorín Colorado, Sapitos y Sirenas, Sabrina Moda, F&M Moda, The Closet, Doble M, Calzados Aira, A&N Moda, Da Nosa Terra e Chus Boutique, que ofrecerán grandes descontos de fin de tempada en moda, calzado, bebé, complementos, decoración e mercería.

Sábado 19 marzo:
– Mañá: 10.00h a 13.30h
– Tarde: 17.00h a 20.30h
Domingo 20 marzo:
– Mañá: 11.00h a 13.30h
– Tarde: 17.00h a 20.30h

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...