HomesociedadePantón inicia unha campaña de apoio ao pobo Ucraíno

Pantón inicia unha campaña de apoio ao pobo Ucraíno

A iniciativa veciñal traballa noutras propostas que contribúan a sensibilizar sobre a situación de crise que vive o pobo ucraíno e solidarizarse con diferentes aportacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Pantón solidarízase coa situación derivada da guerra entre Rusia e Ucraína e decide iniciar unha serie de medidas para favorecer a colaboración de toda a veciñanza que queira facer a súa aportación a través de dúas vías.

Por unha banda habilítase un número de conta para que as persoas que o desexen poida facer as súas achegas económicas, nun momento en que calquera aportación é fundamental. O número de conta é: ES78 2080 0116 5831 1000 0048. A cantidade recadada xestionarase segundo a demanda, destinándose principalmente a alimentos.

Por outra banda faise un chamamento ás veciñas e veciños que poidan ceder unha vivenda para acoller ás familias refuxiadas. O concello asumirá os gastos derivados do acollemento, en canto a luz, auga e lixo. “O acollemento faríase en réxime de cesión, non de alugueiro. As persoas que queiran ceder unha vivenda para colaborar na difícil situación na que se atopa o pobo ucraíno recibirán a colaboración do concello en canto aos gastos de luz, auga e lixo,” explica o alcalde, José Luis Álvarez. As persoas interesadas na cesión de vivenda poden poñerse en contacto co educador social do concello nos teléfonos 607 04 20 77 ou 982 45 65 61.

“Hai outras iniciativas sobre a mesa como unha cea para recadar fondos ou un concerto solidario. Tentaremos desde aquí coordinar toda axuda posible”, como apuntan os/as veciños que propuxeron a iniciativa, querendo xerar unha rede de persoas que queiran colaborar na axuda ao pobo ucraíno.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...