HomesociedadeA XLII Feira do Viño de Amandi presenta o seu cartel e...

A XLII Feira do Viño de Amandi presenta o seu cartel e a súa programación

O Concello de Sober deu a coñecer este sábado pola mañá na Fervenza de Portizó o cartel anunciador, as actividades do Mes do Amandi e a programación da XLII Feira do Viño de Amandi, que vai ter lugar na localidade nas súas datas habituais, os días 9 e 10 de abril, coincidindo co domingo de Ramos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As activdades do Mes do Amandi comezaron o pasado día 5 e seguen coa presentación este sábado do cartel da XLII Feira do Viño de Amandi, xunto coa programación de actos da feira. As seguintes propostas son:

Luns 14 de marzo

-Ás 12:00 horas. A caravana do Amandi visita a Feira de Rubián, (Bóveda, Concello ao que este ano se lle dedica a Feira do Viño de Amandi).

Venres 18 de marzo

-Ás 17:30 horas. Os participantes nas Merendas con Contos, visitan a Fervenza de Portizó.

Luns 21 de marzo

-No CEIP Virxe do Carme conmemoración do Día Internacional da Poesía con recitado de Poemas ao Viño de Florencio Delgado Guirriarán, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022.

Xoves 24 de marzo

-De 12:30 a 14:30 horas na Escola de Hostalería de Rosende Xornada de Maridaxe: Viño de Amandi con produtos DE CRAEGA. Colaboran: Escola de Hostaleria da Fundación Belarmino Fernández e C.R. Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Venres 25 de marzo

-As 19:00 horas en Tapería Tear de Cadeiras presentación da nova edición da Guía da Ribeira Sacra de Manuel Garrido.

Sábado 26 de marzo

-As 19:00 horas no Centro Sociocultural Concerto Solidario cos refuxiados ucraínos.

Venres 1 de abril

-Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural, charla ‘A cultura do viño e a viticultura heroica’, por Xabier Castro, autor do libro ‘A rosa do viño. A cultura do viño en Galicia’.

-Ás 20:00 horas no Centro Sociocultural presentación da exposición de pintura de Gelín Fernández.

Mércores 6 de abril

-De 10:00 a 14:00 horas no Centro Sociocultural de Sober 2º Concurso de sumiliers. Colabora: Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández.

Xoves 7 de abril

-Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural, concerto de guitarra e frauta traveseira a cargo de Josué Castro e Magda Sánchez.

Outras actividades

Exposicións

Do 31 de marzo o 30 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados ao concurso de carteis da XVII Feira do Viño de Amandi.

Do 1 o 30 de abril no Centro Sociocultural exposición de pintura de Gelín Fernández.

Cata de viños

Cun xurado profesional celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira. Entregaranse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2021, un premio para viños brancos da anada de 2021 e un premio para viños envellecidos en barrica. Organiza: Vinosacra

Concurso de deseño de carteis

Presentáronse 20 orixinais chegados de diferentes puntos do Estado. O xurado acordou outorgar o primeiro premio ao traballo presentado por Rocío Rodicio González de Ourense.

Programa de actos da XLII Feira do Viño de Amandi

Sábado 9 de abril

  • Ás 11:30 horas. Disparo de bombas de palenque anuncian o inicio da XLII Feira do Viño de Amandi.
  • Ás 12:00 horas. Apertura Oficial a cargo de Adega TEAR en lembranza aos seus fundadores Manuela Valdés e Nilo Vila.
  • Ás 12:15 horas. Actuación dun grupo de música tradicional.
  • Ás 17:00 horas. Comezo da Precata Oficial na Sala de Catas do Oficina Municipal de Turismo.
  • Ás 17:00 horas. Actuación dun grupo de música tradicional.
  • Ás 18:30 horas. Concerto da Banda de Música de Sober.
  • Ás 20:00 horas. Actuación da Charanga Louband na Praza do Concello.
  • Ás 23:00 horas. Actuación de GIN TONIC´S na Praza do Concello.

Domingo 10 de abril

  • Ás 10:30 horas. Disparo de 23 bombas de palenque (1 por cada colleiteiro participante).
  • Ás 10:45 horas. Actuación da Charanga NBA.
  • Ás 11:00 horas. Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.
  • Ás 11:30 horas. Comezo da Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober.
  • Ás 11:30 horas. Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
  • Ás 12:30 horas. Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
  • Ás 12:45 horas. Actuación da Banda de Música de Sober.
  • Ás 13:00 horas: Pregón a cargo de Chechu Salgado.
  • Ás 13:30 horas. Entrega de Premios.
  • Ás 17:00 horas. Actuación da Charanga NBA.
  • Ás 19:30 horas. Baile coa orquestra Los Satélites.

ÚLTIMAS

Suso Montero: “Gardo todas as fotos que fago, terei uns 70.000 negativos”

Jesús Rodríguez Montero, ‘Suso Montero’ para os amigos, foi traballador de Renfe e Adif...

Actuación de Regueifas o 11 de outubro en Ribas de Sil

A primeira das actividades, un obradoiro de coñecemento e de elaboración de regueifas, levouse a...

14 anos sen facer a residencia comprometida no Saviñao

Os deputados provinciais, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao alcalde da localidade, Carlos...

O PP de Monforte comeza o curso político orientado a buscar solucións aos problemas de abastecemento

Durante esta reunión abordáronse as principais liñas de traballo para este curso político, sendo...