HomesociedadeMonforte recupera neste mes a actividade de Mercados na Praza de Abastos

Monforte recupera neste mes a actividade de Mercados na Praza de Abastos

Póñense en marcha dúas actividades mercantís que se celebrarán nas dúas últimas semanas do mes de marzo: a Feira de Oportunidades do CCU e o Mercado da Feira Medieval.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estes serán os primeiros mercados que acolla a Praza de Abastos, despois de dous anos sen actividade neste espazo, por mor da pandemia da Covid-19.

A Feira de Oportunidades do CCU, realizarase despois de dous anos sen actividade neste espazo da Praza de Abastos. Precisamente este foi o último mercado realizado antes da pandemia en marzo de 2020. A fin de semana do sábado 19 e domingo 20 de marzo participarán establecementos comerciais de Monforte das áreas da moda, o calzado, a decoración, complementos, óptica…, que ofrecerán os seus excedentes desta tempada a moi bos prezos. O horario será de mañá e tarde; o sábado 19, de 10:00 a 14:00 e 17:00 a 20:30 horas e o domingo 20 de 11:00 a 14:00 e 17:00 a 20:30 horas.

O Alcalde destaca que “a gran afluencia de público das edicións anteriores, avala a realización deste tipo de mercados de apoio ó comercio local e tamén serve de estímulo para que os clientes realicen as compras na súa localidade, e adquiran conciencia da importancia económica e social de mercar nas tendas de proximidade”.

Mercado da Feira Medieval de Monforte

O seguinte mercado temático será o Mercado para a Feira Medieval de Monforte, mercado que se celebrará a fin de semana seguinte, o sábado 26 e o domingo 27 de marzo, pensando xa nos preparativos e promoción da XVIII edición da Feira Medieval de Monforte de Lemos.

“O noso obxectivo, neste caso, é o de potenciar e promocionar, con este mercado, a Feira Medieval, que se constitúe coma un evento turístico de gran afluencia de público e visitantes, que na Semana Santa se achegan a Monforte”, sinala José Tomé.

“Con este mercado”, continúa o Alcalde, “pretendemos facilitar ós monfortinos e monfortinas, visitantes, comercios e hostalería, que teñan un escaparate de referencia, tanto para a decoración de establecementos, balcóns, fachadas, como propostas de traxes medievais, calzado, peiteados ou complementos”.

Do mesmo xeito, tamén destinarase un espazo para as exposicións de doces e menús de orixe medieval e, coma nas anteriores edicións, haberá un desfile medieval o sábado, así como o concurso de “Mellor Doce do Medievo”, onde as pastelerías e panaderías monfortinas amosan as súas propostas para estas datas.

“Seguimos recuperando un calendario de actividades de volta á normalidade, garantimos o cumprimento das medidas de seguridade sanitaria ante a Covid-19, para o que contaremos con persoal nas instalacións destinado ó control de aforos, establecendo a obrigatoriedade do uso da máscara, uso de hidroxel, reordenaremos os espazos para cumprir coas distancias de seguridade, e reforzaremos limpeza e desinfección das instalacións”, concluíu o Alcalde.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...