HomesociedadeA peiteadora e maquilladora quiroguesa que saiu no 'Quen anda aí?' da...

A peiteadora e maquilladora quiroguesa que saiu no ‘Quen anda aí?’ da TVG

Zeltia Mateo foi unha das convidadas no magacine das tardes da galega, concretamente o pasado venres 11 de marzo. Tivo ocasión de dar a coñecer o seu traballo e fixo unha creación en directo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Zeltia Mateo é unha xoven emprendedora que traballa como peiteadora a domicilio na comarca de Quiroga. Gran parte da súa clientela é xente que vive nas aldeas, tendo que facer moitos quilómetros cada día para poder ofrecerlles os seus servizos nas súas casas.

No mes de xaneiro tivemos a oportunidade de coñecer en profundidade a súa historia, dando a coñecer a súa iniciativa e o labor profesional e social tan importante que fai pola xente que vive no rural. E descubrimos tamén que aínda saca tempo para a súa afección , a maquillaxe de efectos especiais. Os seus traballos triunfan nas redes sociais e soña con traballar como maquilladora en producións cinematográficas.

O caso é que o dixital quincemil.com tamén se interesou pola súa historia semanas atrás, e incluso a TVG convidándoa este pasado venres, 11 de marzo, a asisitir en directo ao programa “Quen anda aí?”, presentado por Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez.

No transcurso do magacine puido verse unha reportaxe que lle fixeron en Quiroga, vendo como é un dos seus servizos de perruquería a domicilio; e despois, en directo no plató, Zeltia fixo unha maquillaxe de fantasía en directo a unha veciña súa de Quiroga –Kelly– comentando ademais o seu labor profesional co equipo.

Momento da súa intervención. Imaxe da emisión: TVG.
Resultado final da maquillaxe en directo. Foto: Z. M.

Podedes rescatar o programa na web da TVG, a partir de 2:35 h. de emisión.

ÚLTIMAS

‘II Certame de Relatos Manuscritos’ organizado por Peruchela Edicións

Despois do éxito colleitado na primeira convocatoria, o pasado ano, Peruchela Edicións vén de...

Exposición, curso de pintura rápida e estrea documental no Centro Comercial Ponte Vella

O artista plástico Leandro Sánchez Bobillo, pintor mallorquino afincado en Ourense desde hai máis...

Deteñen un home en Monforte por bater a outros dous diante dun pub

A Policía Nacional detivo o mércores a un home en Monforte de Lemos por...

Comeza a fin de semana de Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Xunta, a través de Turismo de Galicia, promove esta fin de semana unha...