Homesociedade370.000 euros para a mellora de 4 estradas da Deputación na Pobra...

370.000 euros para a mellora de 4 estradas da Deputación na Pobra do Brollón

As actuacións, consistentes na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente e renovación da sinalización horizontal e vertical, comezaron nesta segunda semana de setembro, na LU-P-4703.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación fará melloras en 8 quilómetros de estradas da rede viaria provincial. Na LU-P- 4703, que vai da LU-652 a Santalla de Rei a LU-653 entre os puntos 4,6 e 6,8; a LU-P-4707, que vai da Pobra do Brollón por Saa, a Veneira De Roques entre os puntos quilométricos 1 e 2,8. Despois actuarase na LU-P-4707 que vai da Pobra do Brollón por Saa, a Veneira de Roques entre os puntos quilométricos 1 e 2,8. Logo será o turno para a LU-P-4710 da LU-P-4701 Salcedo á Estación da Pobra do Brollón (LU-933), entre os puntos 2,2 e 4,8. Para rematar na LU-P-4702, que vai de Vilachá por Rozavales á Estación da Pobra do Brollón, na que se actuará entre o puntos quilométricos 0 e 1,2. A previsión é ter rematadas as obras para mediados de outubro.

Con estas actuacións mellóranse os accesos a unha ducia de núcleos rurais na Pobra do Brollón, como Vilachá, Salvadur, A Eirexa, Salgueiros, Piño, Veiga, Santa de Rei, Santo Adrián, Fondorallo, Salcedo, Martul e Castroncelos.

ÚLTIMAS

Monforte adxudica por 120.000€ a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

A Xunta de Goberno Local, na sesión deste luns, 13 de xullo, deu luz...

Walls dá o relevo a Beret, o día 15 nas Patronais de Monforte

Ginés Paredes Giménez, Walls, é un dos artistas con maior proxección do panorama musical...

Segue activo o incendio de Ribas de Sil con 140 hectáreas ardidas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia...

Joseba Iraola vence na I Subida Ribeira Sacra de Chantada

Nun coñecido trazado polos habituais do certame nacional de montaña disputáronse catro mangas de...