HomesociedadeIlustrarNÓS nos colexios da Pobra de San Xiao e Sober

IlustrarNÓS nos colexios da Pobra de San Xiao e Sober

Alumnado do CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao, en Láncara, e do CEIP Virxe do Carme de Sober participaron este luns pola mañá nos obradoiros do programa IlustrarNós da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ilustradora, Laura Romero, e o músico, Juan A. Álvarez, conduciron unhas sesións de debuxo e música nas que as nenas e nenos puideron coñecer de preto algúns instrumentos tradicionais – o seu nome, as diferencias entre eles, os materiais, o son que emiten ou a súa historia – e vincular os seus sons ás cores, establecendo un paralelismo entre os sons máis vivos e agudos e as cores cálidas e os sons máis graves, profundos e calmados.

As actividades de IlustrarNós, que teñen como obxectivo fomentar a creatividade e achegar as xeracións máis novas o traballo de creadoras e creadores galegas, continuarán durante as vindeiras semanas, chegando a 14 centros educativos das distintas comarcas. Na zona sur da provincia chegará o 25 de marzo ao IES Río Cabe a actividade, crear BD: da banda deseñada á novela gráfica. Kiko da Silva.

IlustrarNós Pobra de San Xiao / Vicepresidencia Deputación Provincial

II Certame de Ilustración IlustrarNÓS

O programa inclúe a convocatoria do II Certame de Ilustración “IlustrarNÓS”,  dirixido a fomentar a creatividade e as artes gráficas nos centros de ensino e aberto a alumnado de Primaria, Secundaria, BAC e Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior. Establéncense catro categorías de creación, en función das etapas educativas, cos seus correspondentes premios. As bases e as follas de inscrición, que foron remitidas a todos os centros educativos, están tamén disponibles en cultura.deputacionlugo.gal

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...