HomesociedadeCocido das Meigas o día 26 na Praza de España de Monforte

Cocido das Meigas o día 26 na Praza de España de Monforte

Este sábado, 26 de marzo, terá lugar o Cocido das Meigas do XIV Estase Cocendo. Será na Praza de España a partir das 20.00h. Pola mañá celebrarase a última visita guiada por Monforte nesta fin de semana que remata o Estase Cocendo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Ribeira Sacra finaliza esta fin de semana a celebración do Estase Cocendo 2022, o mes dedicado a un dos pratos estrela da comarca, o cocido de Entroido.

O sábado, día 26, terá lugar a última das visitas guiadas por Monforte. Sairá dos Escolapios ás 11:00 horas e incluirá unha degustación de viño DO Ribeira Sacra servida por persoal da Fundación Belarmino Fernández Iglesias, Escola de Hostalería de Rosende (Sober).

Pola tarde a praza de España de Monforte de Lemos será o lugar de encontro das meigas, que se reunirán ás 20:00 h a ritmo de Batucada, do Centro de Ensinanzas Artísticas Creativa.

Partirán cara ao parque dos Condes, onde Manuela Fuentes lerá un manifesto e se elixirá á Meiga Maior do Codido, da man dun xurado formado por Pilar Rodríguez, artesá e propietaria da tenda En Lá; María Luisa Sobrino, delegada da Asociación Española contra o Cancro en Monforte, e a xornalista Lorena Gallardo.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...