HomesociedadeCircuítos de orientación escolar a pé no IES A Pinguela

Circuítos de orientación escolar a pé no IES A Pinguela

Nas máis de 3 hectáreas de zonas verdes que ten o centro agora incorpóranse uns circuítos permanentes de orientación escolar a pé, instalados, homologados pola Federación Galega de Orientación e listos para ser utilizados por profesores e alumnos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IES A Pinguela está nun enclave verde de máis de 3 hectáreas no que locen o xardín botánico e un xardín de plantas aromáticas, dúas estacións
meteorolóxicas, un invernadoiro escolar, o planetario Matías Vázquez… e
agora estes circuítos permanentes de orientación escolar a pé. Ademais, foron os primeiros en utilizar códigos QR e a app Trictrack para xestionalo.

“Sen dúbida, é un paso máis no traballo dun deporte que ten dado moitas alegrías e éxitos deportivos ó noso alumnado: campionatos provinciais e galegos, e tamén a clasificación para o campionato de España de 2019 que se celebrou en Cáceres,” sinalan desde o centro.

Circuíto orientación escolar a pé / IES A Pinguela

Os circuítos inauguráronse despois dunhas clases teóricas dos responsables da Federación Galega e do profesor de Educación Física do IES. Valeulles de entrenamento para a próxima fase provincial, fixeron deporte ó aire libre e pasárono moi ben. “Estamos seguros de que vai a ser un recurso educativo e deportivo, moi integrado no medio natural, ó que se lle vai a sacar rendemento en distintas materias e tamén axudará a potenciar o
noso Selo Vida Saudable!”, conclúen.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...