HomesociedadeO concerto solidario de Sober recada 3.332€ para Ucraína

O concerto solidario de Sober recada 3.332€ para Ucraína

O concerto formaba parte das actividades enmarcadas no Mes do Amandi.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concerto solidario coas vítimas de Ucraína que se celebrou esta fin de semana na Praza do Toural do concello de Sober conseguiu recadar 3.332,42 euros.

A organización do concerto en colaboración co concello agradecen a colaboración da xente que se achegou o pasado sábado á Praza do Toural e de todas aquelas persoas que fixeron as súas achegas polas vías previamente habilitadas.

A organización tamén agradece a participación dos artistas encargados de poñer música, Os Parentes e DJ Nacho Morales e Elías Vieira. A contía recadada foi de 3.332,42 euros que irán destinados de xeito íntegro ás persoas de Ucraína a través da conta que habilitou a Asociación AGA-Ucraína.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...