HomesociedadeTorre da Homenaxe en azul no Día Mundial do Autismo

Torre da Homenaxe en azul no Día Mundial do Autismo

Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), o Concello de Monforte iluminará este sábado, 2 de abril, no serán a Torre da Homenaxe de cor azul con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña deste ano, a través do lema “Unha feliz viaxe pola vida” pon o foco no dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias a gozar dunha vida feliz.

O alcalde, José Tomé Roca, sinala que “estímase que 7 millóns de persoas teñen trastorno do espectro do autismo en Europa, e en España, máis de 470.000. Para elas, o acceso á educación e ó emprego non son solo un dereito, senón tamén factores clave para a súa calidade de vida, e como resalta o lema deste ano, estas persoas tamén teñen todo o dereito a ter unha vida feliz. Por iso dende o Concello de Monforte sumámonos a esta campaña, co obxectivo de darlle visibilidade e apoio ás persoas, e ás súas familias, que padecen este trastorno”.

Cada ano miles de edificios emblemáticos de todo o planeta ilumínanse de azul para apoiar e dar visibilidade ás persoas con TEA e ás súas familias. Trátase dunha campaña mundial promovida por Autism Speaks (Light It Up Blue, LIUB), e apoiada por Autismo Europa, Autismo España e Autismo Galicia. No pasado ano 2020 ilumináronse en España máis de 400 monumentos; en Galicia foron 50 edificios e monumentos, entre outros, ademais da Torre da Homenaxe de Monforte, a Torre de Hércules, o CGAC, As Burgas ou a Cidade da Cultura entre outros moitos.

Este ano 2022, as diferentes asociación implicadas buscan o reto de chegar a 450 entidades iluminadas en España.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...