HomesociedadeSondaxes xeotécnicas na LU-651 en Folgoso do Courel para definir como restituír...

Sondaxes xeotécnicas na LU-651 en Folgoso do Courel para definir como restituír a vía tras o desprendemento

A Xunta está a realizar unha campaña de sondaxes xeotécnicas na zona do afundimento da estrada LU-651, na súa chegada a Folgoso de Courel, para definir as obras necesarias para restituír a vía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo destes traballos é coñecer e profundidade o estado e o comportamento do terreo co fin de poder avaliar a viabilidade das distintas alternativas para o restablecemento da conexión viaria.

No marco destas intervencións, tamén se realizou estes días un levantamento topográfico coa axuda e a utilización de drons.

Unha vez obtida esta información, a Xunta agarda que nas vindeiras semanas se poida determinar a alternativa elixida e un calendario de realización das obras, sendo a seguridade e a axilidade na execución dos traballos os factores máis importantes que se deben considerar.

Esta vía de acceso ao Courel desde Quiroga permanece cortada ao tráfico como consecuencia do desprendemento rexistrado á altura do quilómetro 18 da estrada LU-651, entre Santa Eufemia e Folgoso, o pasado 20 de marzo.

Tal como se comprometeu a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na súa recente visita á zona, a Xunta está a traballar desde o primeiro momento, analizando as alternativas posibles para restablecer, canto antes, a comunicación viaria entre Quiroga e Folgoso.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...