HomesociedadeCoordinando a seguridade das próximas citas en Quiroga e informando da criminalidade...

Coordinando a seguridade das próximas citas en Quiroga e informando da criminalidade no concello

Na reunión da Xunta Local de Seguridade, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez informou de que a criminalidade no Concello de Quiroga permanece en taxas por debaixo da media provincial, que a súa vez é inferior á media galega e de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta Local de Seguridade de Quiroga vén de analizar os dispositivos preparados para velar pola seguridade durante dous eventos que se van celebrar neste concello e aos que está prevista a afluencia de numerosas persoas. Trátase da XL edición da Feira do Viño, que terá lugar do venres 15 ao domingo 17 de abril, así como dos preparativos para a celebración da XXII Mostra do Aceite.

Ademais dos operativos para os dous eventos, que segundo as previsións reunirán en Quiroga a gran número de persoas, a Xunta Local de Seguridade analizou a situación da seguridade cidadá neste concello e os plans operativos que desenvolve a Secretaría de Estado de Seguridade.

Criminalidade e violencia de xénero

A criminalidade no Concello de Quiroga permanece en taxas por debaixo da media provincial. Así, en 2021 a taxa foi en Quiroga de 13,65‰, o que supón 9 puntos menos que a media provincial (24,6‰), e moito menos que a media de Galicia (32,7‰) e de España (41,3‰).

Segundo as estatísticas da Garda Civil, en 2021 rexistráronse en Quiroga un total de 43 infraccións penais, das que 22 foron por delitos graves ou menos graves e 21 delitos leves. Esta cifra supón que a delincuencia experimentou un incremento lixeiro con respecto ao ano anterior, cando se produciran 4 menos. O número de delitos graves e menos graves (22) non variou respecto ao ano anterior. O aumento rexistrouse na cifra de delitos leves, que pasou de 17 a 21.

A subdelegada lembrou que é necesario ter en conta que 2020 foi un ano excepcional, debido ás restricións á mobilidade durante o estado de alarma, unha situación extraordinaria que, como é sabido, provocou un gran descenso na criminalidade durante ese ano.

En canto á situación da violencia de xénero neste concello mantense estable nos dous últimos anos. En 2021 houbo un total de 3 denuncias por violencia de xénero, a mesma cifra que se rexistrara no ano 2020. No que levamos de 2022, ata o 31 de marzo, hai 1 denuncia por este motivo.

Plan operativo de seguridade no Camiño a Santiago

A ampliación do Ano Santo Xacobeo a 2022 e a melloría na situación sanitaria fan prever que este será un ano de gran afluencia de peregrinos polas distintas rutas do Camiño de Santiago, polo que a Garda Civil despregará o Plan de Seguridade Ano Santo Xacobeo 2022. No caso de Quiroga centrarase na protección dos peregrinos que se dirixan a Santiago a través do Camiño de Inverno.

Con este Plan, trátase de garantir a protección e seguridade de todos os peregrinos, asegurar o libre exercicio dos dereitos e liberdades dos cidadáns, manter a seguridade cidadá e protexer tanto o patrimonio como o medio ambiente. 

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...