HomesociedadePremiado en tres festivais etnográficos, “El último de Arganeo” do realizador de...

Premiado en tres festivais etnográficos, “El último de Arganeo” do realizador de Chantada, David Vázquez

A curtametraxe documental “El último de Arganeo” do realizador de Chantada vén de ser premiada nos tres festivais etnógráficos máis importantes de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No mes de decembro, a curta gañou o “Cencerro do Público” en Etnovideográfica (Zamora), o Festival de Cine do Museo Etnográfico de Castela e León. O pasado sábado gañou o premio ó Mellor Filme Galego na 17MICE do Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela e o domingo fíxose co Premio Pirineos en Espiello (Huesca).

O documental que se presentou este ano, trata sobre a vida de Edilberto Rodríguez, un rapaz que deixou os estudios de Forestais en Ponferrada, para adicarse ó que máis lle gusta e ser pastor como o seu avó. Vive na Cabreira Baixa en Pombriego (Benuza, León), nos meses de primavera e verán sobe ós Corrales de Arganeo onde vive nunha cabana co seu rebaño e recupera un xeito de vida case extinto na montaña. Recuperou o entroido, fundou un grupo folclórico, escribe poesía, recolle tradicións antigas e cantigas que el mesmo interpreta de forma maxistral, en resumo, un rapaz que pon no mapa a zona da cabreira baixa, e desenvolve un papel fundamental no mundo rural no que vive. Amosando un enorme amor polos animais, a natureza e vivindo sempre co recordo dos seus avós. Unha historia contada por un rapaz feliz, cunha mirada limpa cara o futuro, un raio de esperanza..

A curtametraxe tamén estivo seleccionada no Fescilmar (Arxentina), no
Fimmer (Manzanares el Real, Madrid) vense de proxectar este venres, e acaba de ser seleccionada en CortoGijón.

ÚLTIMAS

Monforte presume de 5 Q de Calidade Turística

Os espazos que obteñen a certificación superaron con éxito os criterios de calidade establecidos...

Láncara conciencia sobre a separación dos residuos orgánicos

Esta campaña vai destinada a toda a veciñanza de Láncara e móstrase como tiro...

Dinámica: o local de celebracións ‘autoservizo’ de Monforte

Dinámica nace da man de Mara González Lagoa e coa idea de ofrecer un...

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...