Homesociedade'Os lactouros' de Monforte visitan O Ribeiro

‘Os lactouros’ de Monforte visitan O Ribeiro

O colectivo monfortino organiza unha xornada de sendeirismo que inclúe visitas guiadas a unha adega e un castro no Ribeiro. Será o vindeiro 23 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro sábado 23 de abril a Asociación de Micoloxía Os Lactouros realizará unha excursión aberta ao público para coñecer a paisaxe e as potencialidades da comarca ourensá do Ribeiro.

Dentro desta xornada, que se iniciará ás 08:00 da mañá coa saída en autobús desde as casitas da Compañía, realizarase unha camiñada de 15 quilómetros e dúas visitas guiadas, unha á Adega Priorato de Razamonde e outra ao Castro de San Cibrao de Las, unha das mostras máis destacables da cultura castrexa na Galiza.

A participación é aberta a todos os públicos até completar as prazas. A inscrición pode facerse por teléfono no número 671473982 e ten un custo de 20 €. O prezo inclúe traslados en autobús e as visitas guiadas.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...