HomesociedadeAs asociacións veciñais da Ribeira Sacra reúnense o día 23 en Tuiriz,...

As asociacións veciñais da Ribeira Sacra reúnense o día 23 en Tuiriz, Pantón

Tras o éxito do primeiro encontro de asociacións veciñais, culturais e de montes da Ribeira Sacra, celebrado o pasado 12 de marzo en Vilachá de Salvadur, continúan os traballos en común. Desta vez a nova reunión será no Centro Social de Tuiriz (Pantón) o día 23 de abril ás 11h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O colectivo dá así continuidade aos acordos tomados o pasado 12 de marzo avanzando liñas de traballo para coordinar unha voz común do movemento veciñal e tamén para recoller propostas de mellora ou de reflexión sobre a candidatura da Ribeira Sacra á UNESCO.

As asociacións amosaron a súa vontade de afondar na posible creación dunha coordinadora para dotar dunha estrutura interna e de reiterar a súa vontade de colaborar na candidatura. Para esta xuntanza agárdase a participación de asociacións da provincia de Ourense, que non estiveran presentes no primeiro encontro.

O propósito dos impulsores é incorporar máis voces para chamar a atención da Xunta de Galicia e das deputacións para que teñan en conta a opinión dos veciños e veciñas. Tamén se recibiron novas adhesións de asociacións veciñais e de montes da zona de Lugo. Na semana previa a Semana Santa máis dunha vintena de asociacións entregaron por rexistro da Xunta un escrito con cinco puntos, que ían dende a necesidade de corrrixir erros cartográficos aínda presentes no proxecto á UNESCO ata a convocatoria do Consello de Parroquias e da Mesa Interdepartamental.

Por agora, as asociacións non recibiron resposta de ningunha institución pero agardan a que nestas vindeiras semanas haxa algún tipo de reacción por parte destas institucións. Os colectivos tamén se dirixiron á Deputación de Lugo, co mesmo documento pero solicitando un encontro ou a apertura dun diálogo para que, como institución participante, tamén teña en conta e coñeza de primeira man a opinión da veciñanza ribeirá.

ÚLTIMAS

‘El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática’, interesante charla histórica en Monforte

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venes...

O Concello de Monforte concede a Kern Pharma unha prórroga de 6 meses para iniciar as obras no Polígono

A Xunta de Goberno Local do Concello de Monforte autorizou esta semana conceder a...

Taboada presenta o cartel da Festa do ‘Caldo de Ósos’

En Taboada quentan xa motores para a celebración da XXXIV edición da súa emblemática...

60.000€ da Vicepresidencia da Deputación para o Matadoiro de Sarria e a Festa do Cocido do Porco Celta que se celebra este 31 de...

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, deron...