Homesociedade“Filloas recheas con sabores da terriña” do Mesón Escaleira gaña o concurso...

“Filloas recheas con sabores da terriña” do Mesón Escaleira gaña o concurso Quiroga de tapas

Mesón Escaleira con “Filloas recheas con sabores da terriña” foi o gañador do X Concurso Quiroga de Tapas que se desenvolveu entre o 6 e o 15 de abril. E a APEHL saca o último número de referencia para comprobar a rifa premiada co porco de 100 kg da Devesa dos Formigueiros. O novo número é o 68.776, premiado no sorteo da ONCE deste sábado, 16 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nove eran os establecementos inscritos nesta edición do concurso Quiroga de tapas, que contou con numerosa participación, 223 tapacartóns debidamente cubertos. Na casa consistorial abríronse as urnas nas que estaban depositados os tapacartóns co nome dos establecementos votados polos participantes. 41 votos foron para o establecemento gañador, seguido moi de preto polo Mesón Ferreiriño, con 37 votos. O establecemento gañador recibiu unha placa conmemorativa e 100 € en metálico.

Os premios para os participantes eran os seguintes: 300 € en metálico, unha estancia, cea e almorzo para dúas persoas en Hospedaje Ferrería Quintá (Quiroga), un paseo a cabalo para dúas persoas en Hípica Os Trancos (Monforte de Lemos), dous bonos regalo para dúas persoas cada un de visita guiada e degustación de dous viños da D.O. Ribeira Sacra en Bodegas Regina Viarium (Sober), xantar ou cea para dous no Grelo (Monforte de Lemos), menú de mediodía para dous de luns a venres no Rego Gastrobar (Quiroga), un menú cerrado de carne á pedra para dúas persoas en Cervecería Chamouco (Bóveda), un bono regalo de 25 € para unha comida ou unha cea en Os Pendellos (Chantada), brunch para dous na Casa Estanco (Quiroga), cea para dous na Botica (Quiroga), e cestas con produtos típicos da zona: Aceiroga, Atrium Vitis, Caurelor, Casa de Outeiro, Deiki, EDV 2005, Lar de Ricobao e Rego Natura.

Último número premiado co porco de 100 kg entre todas as rifas do XIV Estase Cocendo

Tras finalizar o prazo de reclamación do premio co segundo número tomado como referencia o pasado venres 15 de abril, a delegación da zona sur da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) comunica que o terceiro e último número de referencia para comprobar a rifa premiada co porco de 100 kg da Devesa dos Formigueiros (Asociación Prodeme) é o 68.776, premiado no sorteo da ONCE deste sábado 16 de abril.

A papeleta premiada debe ter as últimas catro cifras iguais ás deste número: 68.776.

A persoa afortunada debe poñerse en contacto coa delegación a través do teléfono 982 41 20 50 antes do domingo 24 de abril.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...