Homesociedade8 concellos na comisión de seguimento da Unidade de Atención Temperá de...

8 concellos na comisión de seguimento da Unidade de Atención Temperá de Quiroga

Constituíuse en Quiroga a comisión mixta de seguimento da Unidade de Atención Temperá, coa participación de todos os alcaldes ou representantes dos oito concellos que a integran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O que comezou sendo un centro para a atención dos nenos dos concellos da comarca de Quiroga é xa un referente na zona sur da provincia de Lugo e da servizo aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil, Folgoso do Courel, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra do Brollón e Pantón. A totalidade dos concellos do partido xudicial de Monforte, agás Monforte de Lemos.

En pouco máis dun ano, dende a súa posta en marcha en setembro do 2020 (cunha achega de 12.296 € da Xunta de Galicia), non só se triplicou o número de concellos que se adheriron a este servizo se non que conta cunhas novas instalacións -creadas especificamente para esta atención- e duplicou o seu cadro de persoal. Tamén se incrementaron considerablemente as achegas da Xunta de Galicia para este servizo que no 2021 foron de máis de 100.000 €.

Aínda que está centralizado en Quiroga, conta cunha delegación no concello do Saviñao, para facilitar a atención dos menores reducindo o desprazamento dos usuarios desta zona.

Na Unidade de Atención Temperá, que serve para identificar, previr e actuar sobre os trastornos no desenvolvemento que poidan sufrir os nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade, cóntase con dous psicólogos, dous logopedas, un fisioterapeuta e un terapeuta ocupacional especializados en desenvolvemento infantil e atención temperá.

A atención neste servizo, – ao que poden acudir os nenos sen que teñan problemas definidos, se non para axudarlles a un desenvolvemento evolutivo adecuado-,  é principalmente a través do servizo de pediatría, que fai o diagnóstico previo, en función do cal derivará a familia á unidade de atención temperá máis axeitada para o caso. Tamén os centros educativos ou as propias familias poden poñerse directamente en contacto con este servizo para que os informen de cal é o proceso a seguir.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...