HomesociedadeOnde están as pólizas de seguros dos traballadores do concello de Monforte?

Onde están as pólizas de seguros dos traballadores do concello de Monforte?

A Comisión de Transparencia de Galicia, dependente do Valedor do Pobo, vén de estimar o recurso presentado polo Comité de Empresa do Concello de Monforte de Lemos debido á negativa, por parte do equipo de goberno do Concello, a proporcionar á representación legal dos traballadores unha copia das pólizas contratadas para os traballadores do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Comité de Empresa do Concello de Monforte de Lemos solicitou, no mes de decembro de 2021, copia das pólizas de seguro dos traballadores despois de que o Alcalde de Monforte, D. José Tomé Roca, anunciara o 1 de decembro de 2021 que, “O Concello de Monforte subscribe por primeira vez unha póliza de accidentes para todos os seus empregados”.

O Comité de Empresa do Concello de Monforte de Lemos solicitaba o acceso ás p´ólizas de seguros despois de que, o 1 de febreiro de 2018, un traballador do Concello de Monforte de Lemos, do servizo de xardíns, perdera parte dos dedos dunha man. Segundo o Comité de Empresa, a Xunta de Goberno local negouse a proporcionar dita información amparándose nun artigo da Lei 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, polo que o Comité de Empresa recurriu directamente ao Valedor do Pobo, a través da Comisión de Transparencia de Galicia.

Esta dalle a razón ao Comité de Empresa do Concello a través dunha resolución (RSCTG 30/22) publicada na páxina web da mesma o día 22 de abril de 2022. E insta ao concello a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Tamén insta ao concellos a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...