HomesociedadeProhibidas as queimas de restos agrícolas e forestais

Prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais

Medio Rural tomou a decisión despois de avaliar a evolución da situación meteorolóxica e analizar os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Medio Rural vén de anunciar que a dende o 30 de abril quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia. Isto tradúcese en que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste momento.

Só quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos.

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. A Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, e lembra a existencia do teléfono gratuíto 085 para chamar en caso de detectar algún lume forestal.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...