HomesociedadeMonforte volve a ofertar instalacións deportivas municipais a deportistas non federados

Monforte volve a ofertar instalacións deportivas municipais a deportistas non federados

Desde este luns, 9 de maio, o Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas e o Pavillón Municipal da Pinguela poderán ser alugados por parte de persoas ou agrupacións de persoas para a práctica de deporte de tempo libre, sen necesidade de pertencer a un club deportivo ou de ter licenza federativa dalgunha modalidade deportiva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 14 de marzo de 2020, decretouse o Estado de Alarma motivado pola pandemia do Covid-19 que supuxo, entre outras cousas, o peche das instalacións deportivas. Desde o concello fóronse abrindo paulatinamente as instalacións deportivas municipais, dacordo coas indicacións sinaladas polas autoridades sanitarias, e nas que se priorizaba a práctica de deporte federado.

“Tras a volta á normalidade, dende o Equipo de Goberno de Monforte, consideramos que é o momento de recuperar o aluguer das instalacións deportivas para a práctica de deporte de tempo libre e non federado por parte dos veciños e veciñas que así o desexen” destacou José Tomé.

A reserva de instalacións para a práctica deportiva non organizada realizarase obrigatoriamente a través da plataforma de reservas online habilitada na páxina web do Concello de Monforte. Tamén se pode facer a través da app Sporttia, dispoñible para Android e iOS.

As instalacións deportivas ofertadas para o seu alugueiro son o Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas, en horario de luns a venres non festivos entre as 17:30 e as 22:30, e o Pavillón Municipal da Pinguela, de luns a venres non festivos entre as 16:00 e as 22:30 h.

As tarifas polo alugueiro dos diferentes espazos deportivos son as seguintes:

•   Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas:

  • Campo de Fútbol 7: 15,45 € / hora
  • Campo de Fútbol 11: 30,90 € / hora

•   Pavillón Municipal da Pinguela:

  • Cancha completa: 12,36 € / hora
  • Media cancha: 6,18 € / hora

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...