HomesociedadeQuiroga reclama ante Movistar polo "nefasto servizo de internet e telefonía móbil"

Quiroga reclama ante Movistar polo “nefasto servizo de internet e telefonía móbil”

O rexedor local anunciou que tomará todas as medidas legais oportunas contra esta compañía polo nefasto servizo que ofrece dende o mes de setembro do 2021, cando se produciu o gran incendio dos concellos de Ribas de Sil, Quiroga e A Pobra do Brollón, que afectou ás antenas de telefonía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Julio Álvarez afirma que é inconcibible que despois de tanto tempo unha das compañías de telefonía máis importantes do país non sexa capaz de solucionar os seus problemas de cobertura e que a veciñanza teña que sufrir continuamente cortes nun servizo que paga.

Os últimos problemas no servizo déronse esta fin de semana coincidindo con que na vila de Quiroga se atopaban máis de 5.000 persoas, ao celebrarse a proba Quiroga Trail Challenge á que acudiron máis de 1.300 corredores acompañados das súas familias.

Por todo isto o rexedor local esixe que a compañía solucione canto antes os problemas que impiden que Quiroga teña o servizo que cada usuario ten contratado e polo que ten que abonar a súa correspondente cota.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...