Homesociedade380.000€ na mellora da LU-213 que comunica Chantada co alto do Faro

380.000€ na mellora da LU-213 que comunica Chantada co alto do Faro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar a semana pasada as obras de reforzo do firme en 7,2 quilómetros da estrada autonómica LU-213, que comunica Chantada co Alto do Faro, onde conecta coa vía de altas prestacións CG 2.1.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou a marcha dos traballos, que servirán para mellorar a vía desde o seu inicio en Chantada -pq 0+000 – ata uns 200 metros pasada a travesía de Limiñón, na parroquia chantadina de Muradelle – pq 7+200 -.

Nos 4,6 primeiros quilómetros desde Chantada, os traballos consisten na realización de fresados e a reposición localizada do firme nos puntos máis deteriorados. Nos 2,6 quilómetros restantes estenderase unha nova capa de rodaxe en toda a lonxitude. A rehabilitación do pavimento faise con mestura bituminosa en quente en todo o treito. Unha vez finalizadas as obras, repintaranse as marcas viarias. As obras teñen un prazo total estimado de tres semanas.

Arias afirmou que a mellora beneficiará a moita veciñanza da zona á que da servizo esta estrada. En Limiñón -pq 7+00 – , onde a nova capa de rodaxe xa está executada, a LU-213 conflúe con outras dúas vías autonómicas: a LU-202 -que continúa ata Pensasillás, na parroquia chantadina de Laxe -; e a LU-211, que conecta co Alto de San Roque, en Taboada.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...