HomesociedadeAsínase un novo contrato para a construción do Centro de Maiores da...

Asínase un novo contrato para a construción do Centro de Maiores da Pobra do Brollón

O orzamento ascende a 1.502.270€ para construír a residencia que contará con 30 prazas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prazo de execución dos traballos é de 9 meses unha vez se inicien as obras. A institución provincial tivera que iniciar un novo proceso de licitación para estas obras logo de que o anterior contrato tivera que resolverse porque a empresa incumpriu as condicións e non iniciou os traballos.

O Presidente, José Tomé, asegurou que a institución impulsa deste xeito unha dotación social “que ofrecerá unha atención de calidade e favorecerá o arraigo dos residentes, pois poderán permanecer no lugar no que fixeron a súa vida, convivindo cos seus veciños e veciñas. Esta residencia creará emprego sostible e de calidade, á vez que se xera unha importante actividade económica na zona.”

No que vai de mandato, a Deputación abriu catro novos centros de maiores, na Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro e Meira, que se suman aos tres que xa estaban en marcha, en Trabada, Ribadeo e Pol. Ademais, neste ano a institución ten previsto abrir as residencias de Ribas de Sil e Navia de Suarna e continuase traballando no resto de proxectos, como os da Pontenova, Portomarín, Guitiriz, Becerreá, A Pobra do Brollón, Ourol, Cervantes, Folgoso do Courel e Ferreira de Pantón.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...