HomesociedadeO Alumnado dos IES A Pinguela e Río Cabe regresa da viaxe...

O Alumnado dos IES A Pinguela e Río Cabe regresa da viaxe a Francia

24 alumnos con 2 profesoras do IES A Pinguela e 8 cunha profesora do IES Río Cabe xa están en Monforte despois de realizar una moi ben aproveitada viaxe por Francia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coñeceron primeiro Burdeos. Xa en París visitaron á Torre Eiffel, Arco de Triunfo, Campos Elíseos, Sacré Coeur e fixeron un recorrido polo Sena, Montmartre, e contrataron una excursión nocturna en bus para ver a cidade de
noite.

Tamén coñeceron as obras máis importantes do Musée du Louvre así como
Notre Dame, Jardins du Luxembourg e Panthéon des Hommes Illustres. Pasearon e cearon no Barrio Latino.

IES A Pimguela e Río Cabe en Francia

Gozaron do seu último día por terras galas en Eurodisney e, aseguran, que o pasaron moi ben! “Foi unha boa experiencia que, sen dúbida se repetirá en anos sucesivos!,” afirman desde a organización que correu por conta dos departamentos de Francés dos dous institutos.

ÚLTIMAS

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...

Extinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal iniciado o martes,...

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...