IniciosociedadeAbraham Cupeiro, o sarriao que triunfou nos escenarios alemáns e vén de...

Abraham Cupeiro, o sarriao que triunfou nos escenarios alemáns e vén de sorprender a Broncano

O público alemán gozou os pasados días 11,13 e 16 de maio da maxia sonora da súa trompeta céltica da man da violinista polaca Patricia Kopatchinskaja dentro do proxecto colaborativo Lles Adieux. Días despois estivo no programa 'La Resistencia', onde converteu dúas palliñas de plástico nunha gaita.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O artista e musicólogo de Sarria, Abraham Cupeiro, ofreceu unha serie de concertos nas cidades teutoas de Ludwigsburg, Berlín e Hamburgo cun proxecto colaborativo, Lles Adieux, de man da violinista Patricia Kopatchinskaja e organizados pola Mahler Chamber Orchestra de Alemaña.

Foi Patricia Kopatchinskaja quen decidiu colaborar con Cupeiro tras ver un vídeo del tocando o instrumento Carnyx, unha trompeta céltica e quedou atrapada por este experto recopilador de instrumentos perdidos cos que crea novas sonoridades. A súa colaboración converteuse no broche perfecto para un proxecto que fala da extinción dos animais e de como os seres humanos tamén nos extinguiremos.

Os asistentes puideron gozar dun marabilloso e máxico mundo de novos e descoñecidos sons; resonancias primitivas e ao mesmo tempo futuristas. O artista galego de 42 anos estudou no Conservatorio Superior de Madrid, onde tivo que realizar un traballo de investigación sobre a construción dunha trompeta con técnicas do século XVIII. A falta de recursos non lle permitiu comprar un instrumento desas características pero si lle deron a opción de fabricalo el mesmo. 

“Foi a chave que me abriu a porta ao pasado. A música é a única máquina do tempo posible para viaxar no tempo”, sinalaba Cupeiro. A súa traxectoria até o día de hoxe foi unir os instrumentos ancestrais, algúns con máis de 2500 anos de antigüidade, con orquestras sinfónicas. Unha engrenaxe case perfecta que se foi puíndo a través da historia da humanidade.

“É como volver atrás no tempo recuperando instrumentos que se van perdendo no camiño, moitos deles anteriores mesmo ás orquestras. Unir este tipo de sonoridades achega melodías sen tensións que non estamos afeitos escoitar que fai que nos séculos XX e XXI atope neles algo novo e diferentes”, indica o músico.

Abraham Cupeiro realizou diferentes colaboracións durante a súa carreira. No seu primeiro disco contou coa orquestra Real Filharmonía de Galicia, no segundo coa Royal Philharmonic Orchestra de Londres e na actualidade está agradecido e contento de realizar unha parada na súa propia xira co proxecto Pangea para actuar en Alemaña por primeira vez e de man de Patricia Kopatchinskaja e a orquestra Mahler Chamber.

Abraham Cupeiro coa violinista Patricia Kopatchinskaja e a súa trompeta céltica / Fonte: remitida

CONVIDADO NO PROGRAMA ‘LA RESISTENCIA’

Despois do exitoso paso polos escenarios alemáns, o virtuoso multiinstrumentista sarriao decidiu pasar polos focos dun dos programas en boga das redes: La Resistencia, programa presentado polo santiagués David Broncano.

O paso de Cupeiro polo programa deixou unha escena rechamante que dá conta do inmenso talento do intérprete. Nun momento dado, o músico retou a Broncano a adentrarse na ciencia da gaita… cunha palliña plástica. “Ti como galego tes que aprender a tocar a gaita”, arrincou antes de demostrar a particular técnica desta heterodoxa práctica.

Cupeiro explicou entón o proceso para fabricar esta gaita caseira “de 20 céntimos”. Todo pasa por morder ben o punta do obxecto para conseguir unha apertura estreita, semellante á que acostuman ter os instrumentos de vento. A partir de aí, todo pasou por aplicar presión nos espazos onde deberían de estar as notas e, como por arte de maxia, as palliñas arromedaron o son dunha gaita.

O dixital Galicia Confidencial publicou a nova e nela pódese ver o vídeo deste curioso momento.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...