HomesociedadeYolanda, de ‘Cafés de Sofá’: “Cada vez a xente entende máis de...

Yolanda, de ‘Cafés de Sofá’: “Cada vez a xente entende máis de café”

O café nunca pasa de moda e as infusións están gañando moito terreo entre as preferencias dos consumidores. Yolanda Varela sábeo e apostou por abrir un comercio especializado en Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

En Galicia sempre fomos moi cafeteiros, pero as infusións están cada vez máis presentes, tanto na hostalería como no consumo doméstico. O gusto polo café e o seu consumo diario fai tamén que cada vez sexamos máis esixentes e busquemos un produto natural e de calidade. “Cada vez a xente entende máis de café e preocúpase pola calidade do produto”, dinos Yolanda Varela, emprendedora monfortina que abriu en maio do 2020 ‘Cafés de Sofá’, un negocio especializado en cafés e infusións.

A tenda, na Rúa Doutor Teixeiro de Monforte de Lemos / XdL

Respecto dos tés e das infusións, pois á vista está, o crecemento constante no mercado é xa unha realidade. A pandemia e a incorporación do mercado masculino ao consumo deste tipo de bebidas axudou en gran medida a aumentar a demanda.

Falamos con Yolanda Varela.

Que buscan ‘de especial ou diferente’ os clientes e as clientas no teu comercio?

O habitual é que busquen un café de calidade e diferente porque cada vez máis clientes buscan para comer produtos de calidade e diferentes.

“O habitual é que busquen un café de calidade e diferente”

Notas que a xente entende de cafés ou falta moito por coñecer deste mundo en xeral?

Cada vez a xente entende máis de café e preocúpase pola calidade do produto que compra.

Aquí, logo, está a importancia do teu labor. Non só é vender, se non informar e prescribir o mellor café para cada momento e persoa. Cóntanos.

Intentamos aconsellar preguntando o tipo de gusto de cada consumidor e aconsellarlle o café que lle pode ir mellor, explicando as características de cada café.

Que cafés teñen máis saída na túa tenda e cales recomendarías para probar?

Sen dubidalo, os cafés naturais. Cada vez gustan máis. Eu recomendaría calquera natural pero temos un blend arábica que é unha mestura de Colombia, Costa Rica, Etiopía e Brasil.

Dispensadores de café a granel / XdL

Aínda que o café é un gran clásico para os galegos e galegas, están a gañar terreo as infusións. Tamén o notas? Supoñemos que tes tamén unha ampla gama delas. Cóntanos.

As infusións están gañando terreo, nós temos todo a granel. Nestas infusións vese a clara diferenza porque nótanse as follas e vese todo o que levan.

“As infusións están gañando terreo, nós temos todo a granel”

Cafés, infusións e máis cousas tamén…

Si, ademais de café e infusións teño diferentes doces, chocolates, bombóns, conservas de orixe galego, etc.

Chocolates / XdL

Notas que veña ao teu comercio xente de fóra de Monforte?

O turismo que visita a Ribeira Sacra tamén se empeza a notar a nivel clientela.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...