HomesociedadeA AV do Saviñao faille unha achega económica á atleta local Nuria...

A AV do Saviñao faille unha achega económica á atleta local Nuria López

A doazón desta asociación veciñal ten como obxectivo axudar a esta deportista para que poda mercar unha cadeira de rodas de competición valorada en 6.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“A atleta máis premiada do Saviñao corre nunha cadeira de rodas”. Así comeza o comunicado da Asociación Veciñal do Saviñao no que expresan a súa admiración por Nuria López, unha deportista que vive, traballa e adestra na casa familiar de Licín, sen axudas nin apoio da federación de atletismo, malia ter un palmarés espectacular. Nuria gañou 30 campionatos de España e outros títulos en copas do mundo, como a de París, na que conseguiu tres podios hai uns meses. Nesta competición, segundo conta ela mesma, os medios de comunicación dicían: “Gañou a atleta española”, pero en realidade Nuria non representaba a España, senón que foi a título persoal porque non fora seleccionada pola federación. Isto significa que ademais ten que pagar ela os desprazamentos ás carreiras.

Nestas condicións, e contando só coas pequenas achegas que recibe, fáiselle imposible asumir a compra dunha cadeira de rodas adaptada de competición que custa 6000 euros. Actualmente ten unha de terceira man, moito mellor ca outra que tivo, unha que era de quinta man.

Coñecendo estas dificultades, a Asociación veciñal do Saviñao decidiu en asemblea facer unha doazón para axudala a conseguir os seus obxectivos. Segundo contan fontes da entidade, visitaron a Nuria López para coñecer de primeira man as súas circunstancias e quedaron impresionados pola valentía, a vontade e a forza que demostra. “Malia todo, ela segue adiante á súa maneira, porque lle gusta correr e tomar decisións. Desexámoslle moita forza e moitos éxitos”, rematan no seu comunicado.

No 2021 falabamos con ela sobre a busca de patrocinios e a preparación para chegar ao mundial que se fará a finais desde ano.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...