HomesociedadeNovo local social en Probeiros no que o concello de Monforte investiu...

Novo local social en Probeiros no que o concello de Monforte investiu 88.000€

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugura o novo local social de Probeiros, que servirá para que os veciños da parroquia da Parte poidan desenvolver as súas actividades formativas e de lecer nunhas instalacións modernas e dotadas de todos os servizos necesarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A construción deste novo local social en Probeiros foi executada polo Concello de Monforte en dúas fases. Nunha primeira fase, desenvolta en xaneiro 2021, levouse a cabo a construción da estrutura do novo edificio, dotándoo dunha pranta de 11 m. de longo por 7 m. de ancho, á que se lle engadiu a construción dun porche de 1,50 m. de fondo ó longo de toda a fachada principal, onde se situou a porta de acceso ó local e diverdas ventás. Tamén, dotouse á nova edificación dunha cuberta a dúas augas con tella cerámica curva e unha pendente do 30%. Nesta primeira fase, o Equipo de Goberno destinou unha investimento de 44.189,18 euros.

Nunha segunda fase, iniciada en maio de 2021, levouse a cabo a preparación da súa planta baixa para destinala a local social, con cociña, zona de aseos e un espazo para reunións, no que se ubicou unha pantalla de televisión. Este espazo, destinado a albergar xuntanzas e actividades de todo tipo, tamén foi dotado con mesas e bancos corridos. Nunha zona próxima ó edificio, instalouse unha foxa con pozo filtrante para o tratamento das augas residuais e o local tamén foi dotado da correspondente instalación eléctrica. Para esta segunda fase destinouse un investimento de 44.189,18 euros. Ambas fases foron desenvoltas pola empresa Couso Souto S.L.

En total, o investimento destinado polo Concello para dotar dun novo local social á parroquia de A Parte, foi de case 90.000 euros (87.870,12€).

O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que con esta actuación “seguimos levando a cabo obras de mellora nas parroquias da cidade, e neste caso, dotando dunha nova e importante infraestrutura mediante a cal os veciños e veciñas de Probeiros, na parroquia de A Parte, dispoñen xa dun novo local social no que desenvolver actividades formativas e de ocio e lecer”.

ÚLTIMAS

Agroma Sober denuncia o estado da vía de Sober a Canaval “a unha semana da Feira do Viño”

A vía provincial Sober- Canaval (LU-P-5901) presenta dende hai anos problemas estruturais de deterioro...

Unanimidade na demanda de rehabilitación urxente da N-540 entre Lugo e Ourense

Mentres as persoas usuarias da N-540 se mobilizan reclamando solucións, o BNG segue coa...

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...