HomesociedadeComeza a mellora de tres estradas provinciais en Pantón e da estrada...

Comeza a mellora de tres estradas provinciais en Pantón e da estrada que une Vilachá coa Estación da Pobra do Brollón

A Deputación de Lugo acaba de comezar os traballos de mellora do firme de tres estradas provinciais que transcorren polo termo municipal de Pantón. Unhas actuacións nas que inviste preto de 170.000€ e que benefician á LU-P-4110, LU-P-4111 e LU-P-4114.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras das estradas provinciais en Pantón consisten na rehabilitación integral do firme en treitos que suman en total 18 quilómetros e o prazo de execución é de 5 meses, aínda que se poderían rematar antes se as previsións meteorolóxicas son favorables. As actuacións desenvólvense na LU-P-4110, que conecta Arribada, na parroquia de San Fiz de Cangas, con Budián, en San Romao de Acebre, nun tramo de algo máis de 5 quilómetros, entre os puntos quilométricos 0 e 5,051.

As obras tamén benefician á vía LU-P-4111, que comunica Santiago de Castillón desde Ferreira de Pantón, nun tramo de máis de 9 quilómetros, entre os núcleos de Santa Mariña de Eiré e Marce. Neste caso mellórase o treito comprendido entre o quilómetro 0 e o 9,294. A terceira das vías provinciais incluídas neste proxecto é a LU-P-4114, que une Mañente con Augas Santas, pasando por Toldaos, nun treito de preto de 4 quilómetros, entre os puntos quilométricos 0 e 3,539.

A Deputación subliña a importancia destas actuacións porque son vías moi utilizadas a diario polos veciños e veciñas do concello de Pantón e de localidades limítrofes, e que contribuirán á mellora das comunicacións na Ribeira Sacra.

Comeza a mellora da estrada que conecta Vilachá coa Estación da Pobra do Brollón

A Deputación de Lugo comezou este venres novos traballos de acondicionamento de oito quilómetros da estrada provincial LU-P-4702, que conecta Vilachá coa Estación da Pobra do Brollón por Rozavales. As actuacións, que contan cun orzamento de 82.280€, lévanse a cabo entre o punto quilométrico 2,570 ata o 10,400, e consisten na reapertura de cunetas e posterior pavimentación e sinalización horizontal.

Con estas obras, e tras a renovación xa acometida entre os puntos 1,200 e 2,400, a estrada quedaría rehabilitada practicamente na súa totalidade, dende o punto quilométrico 1,200 ao 10,400.

Obras estrada provincial LU-P-4702 / Deputación Provincial

ÚLTIMAS

Condenadas a dous anos de cárcere a exconcelleira de Láncara Begoña López e o seu pai por estafa e falsidade

A Audiencia Provincial de Lugo condenou á exconcelleira socialista de Láncara Begoña López e...

163 deportistas participaron en Pantón nos Xogos Autonómicos Special Olympics Galicia

O pasado sábado 16 de maio o campo municipal de O Baliño en Ferreira...

O 23 de maio, XI Festival do Paradiso co retorno dos poetas afogados

Náufragos do Paradiso, anunciaba en agosto do 2023 na súa sede da Rúa Roberto...

Ferida unha muller ao colidir unha moto e un vehículo no concello de Sober

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un particular quen deu conta do accidente...