HomesociedadePaseos guiados con Guido Guía en Triacastela

Paseos guiados con Guido Guía en Triacastela

O Concello de Triacastela e a Xunta de Galicia a través do Camiño Xacobeo inician este verán unha ilusionante colaboración co guía lucense Guido Guía para ofrecer un ciclo de paseos baixo o nome ‘Triacastela Xacobea’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os paseos terán lugar os días 17 de agosto, 25 de setembro, 15 de outubro e 5 de novembro. Van ser catro saídas gratuítas e están pensadas para todos os públicos. Esta iniciativa correrá a cargo de Guido Guía, guía oficial de Turismo de Galicia especializado na nosa provincia e que vén de acadar distintos premios nos últimos anos polo seu proxecto turístico e a súa traxectoria profesional.

Con Guido poderase percorrer o centro urbano de Triacastela e a súa contorna: a primeira data o 17 de agosto, coincidindo coa Festa de San Mamede, e as tres seguintes en varias fins de semana do outono. Catro itinerarios diferentes que o Concello de Triacastela pretende consolidar no tempo e sumar así un novo servizo turístico e alternativa tanto para as nosas e nosos visitantes como para as propias e propios habitantes da comarca.

Guido Guía Triacastela / concello de Triacastela

A hora de inicio dos paseos será ás once da mañá e terán unha duración de entre 2 e 3 horas. A dificultade dos paseos será media e media-baixa. Para inscribirse nestes paseos hai que enviar un correo electrónico a Guido no seu correo guidoguiaturismo@gmail.com e confirmar a asistencia.

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, recomenda anotarse a esta nova experiencia que permitirá profundar no coñecemento do municipio e descubrir unha contorna en plena natureza chea de reclamos e sorpresas.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...